«Pola economía do rural, loitemos polo sector lácteo!»

Defenderoleite
Este cadriño do sempre xenial Carrabouxo (Xosé Lois González Vázquez) serve a esta bitácora para se xuntar á manifestación nacional que percorrerá esta maña as rúas de Santiago de Compostela (desde o mediodía en Salgueiriños) para esixir solucións aos baixos prezos que están a percibir as explotacións gandeiras polo leite.
Na cabeceira desta manifestación nacional as organizacións convocantes levarán unha faixa sen siglas e coa lenda «Pola economía do rural, loitemos polo sector lácteo!», á que seguirá unha segunda faixa detrás da que irán as e os alcaldes dos concellos con explotacións gandeiras coa lenda «Os alcaldes galegos coa defensa do sector lácteo». Alí andaremos.

Esta entrada foi publicada en Banda deseñada, Manifestos. Garda a ligazón permanente.