Arquivo da categoría: Obituarios

Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024

«CARIOCA» No contorno das rías e dos mares nocturnos, como insólito Kafka, nace a metamorfose do mariñeiro insecto, co seu fanal aceso nas costas, vagalume que aínda se sorprende cando a luzada bate nos seus ollos acuosos. De Gameleiros (2002) … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Obituarios, Poesía | Deixa un comentario

Xoán Xosé Fernández Abella in memoriam

Na mañá do 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, deixounos o amigo poeta Xoán Xosé Fernández Abella (Monforte de Lemos, 1933 – Teo, 2023) a piques de facer os noventa anos. Días antes atopeino pola rúa paseando co seu … Sigue lendo

Publicado en Obituarios, Poesía | Deixa un comentario

Que a Terra che sexa leve, Pólvera

(Fotografía de Manuel Álvarez que acompaña o poema «Pólvera» do libro Gameleiros (2002), en fermosa edición xa descatalogada por Xerais) Recibo unha sentida mensaxe do amigo guardés Manuel Álvarez: «O noso amigo Jesús Martínez González Pólvera, da estirpe curtida e … Sigue lendo

Publicado en Fotografía, Obituarios, Poesía | 1 comentario

Artigo en QPC (CI): “a morte do sol en Fisterra”, un poema de Salvador García-Bodaño

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro. Desta volta para honrar a memoria do académico e poeta Salvador García-Bodaño que nos vén de deixar e para lembrar as súas … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Biografía, Obituarios, Poesía, Roteiros | Deixa un comentario

Darío Xohán Cabana no «Álbum de Galicia» do Consello da Cultura Galega

O sitio web do Consello da Cultura Galega vén de publicar unha anotación biobibliográfica no «Álbum de Galicia» sobre o lembrado e chorado amigo Darío Xohán Cabana, coa epígrafe«Poeta, narrador e tradutor, académico da RAG, autor dunha obra ciclópea en … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Contos, Ensaio, Estudos literarios, Historia, Infantil, Lingua, Memoria Literaria, Narrativa, Obituarios, Poesía, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Unha lectura de Este é o tempo do sal, o primeiro libro de poemas de Xosé Manuel Millán Otero

No outono de 1992, nunha das recensións publicadas en A Nosa Terra, 538 (8 de outubro, 1992), coa epígrafe “A iteración da nostálxia”, ocupeime do poemario Este é o tempo do sal, de Xosé Manuel Millán Otero, poeta nado en … Sigue lendo

Publicado en Memoria Literaria, Obituarios, Poesía, Premios, Recensións, Sen categorizar | Deixa un comentario

Artigo en QPC (LXXII): Fisterra e as fisterras na poesía de Luz Pozo Garza

(Fotografía. Fonte: Historia da Literatura Galega. AS-PG) Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, a xeito de obituario urxente para a poeta «decana» da nosa literatura, Luz Pozo Garza, … Sigue lendo

Publicado en Memoria Literaria, Obituarios, Poesía | Deixa un comentario

Artigo en QPC (LXVI): Adeus ao poeta Xosé Leira López, un dos promotores das «Aulas no Camiño»

Veño de publicar unha nova colaboración con QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para escribir unha desas lembranzas que nunca quixera facer, por se tratar da triste despedida dun caro amigo poeta, Pepe … Sigue lendo

Publicado en Memoria Literaria, Obituarios, Poesía | Deixa un comentario

Poema (XCIX): «Eugenio Granell ou a invención do dado», de Ludwig Zeller. Tradución de Francisco Fernández Naval

Un chío do poeta e editor, Miguel Anxo Fernán-Vello fíxome coñecedor da morte do poeta Ludwig Zeller. Na súa memoria recupero o seu poema «Eugenio Granell ou a invención do dado», que abre a obra Infinito presente. Selección de poemas. … Sigue lendo

Publicado en Obituarios, Poesía, Versións ou traducións | Deixa un comentario

#Efeméride No 56 cabodano do escritor muxián Gonzalo López Abente

(Fotografía da lousa. Sen datar e sen autoría. Fondo da Real Academia Galega. Vía Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia) Gonzalo López Abente  finou o 22 de xullo (segundo a lousa) ou o 23 de xullo de 1963 (nas fontes documentais), … Sigue lendo

Publicado en Efemérides, Estudos literarios, Narrativa, Obituarios, Poesía, Teatro | Deixa un comentario