Arquivo da categoría: Manifestos

No lanzamento do facsímile do Manifesto Máis Alá, de Álvaro Cebreiro e Manuel Antonio

Recuperamos no noso repositorio as tres crónicas publicadas na prensa dixital sobre o acto de lanzamento no fisterrán Hotel Literario Bela Fisterra, que rexenta o ceés Pepe Formoso, dun libro en conmemoración do centenario da edición facsimilar do Manifesto Máis … Sigue lendo

Publicado en Efemérides, Estudos literarios, Lingua, Manifestos, Poesía, Presentacións | Deixa un comentario

Dous poemas de Gonzalo López Abente en Poesía polos Penedos #salvemosospenedos

O noso benquerido amigo Emilio Roca, compañeiro do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom), é o autor do laborioso labor de realizar unha vídeo-reportaxe sobre o roteiro literario e reivindicativo Poesía polos Penedos #salvemosospenedos de Traba e … Sigue lendo

Publicado en Gravacións, Historia, Lendas e mitos, Manifestos, Música, Poesía, Política, Roteiros | Deixa un comentario

Artigo en QPC (LXXIII): Máis sobre a vergoñenta denominación franquista do colexio público CEIP Eugenio López, de Cee

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta para lembrar máis unha vez a ignominia de que o colexio público de Cee aínda leve unha denominación franquista. Velaquí o … Sigue lendo

Publicado en Historia, Manifestos, Política | 2 Comentarios

Som Cultura per la llibertat. L’Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC)

Hoxe cos compañeiros e compañeiras de L’Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC) Som Cultura per la llibertat

Publicado en Manifestos | Deixa un comentario

Mensaxe de Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO, co gallo do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2019 (Versión galega)

Wayne Keon (membro da Primeira Nación Nipissing de Canadá) Neste 21 de marzo do 2019, no vinte aniversario do Día Mundial da Poesía, declarado pola UNESCO en 1999, tampouco atopei por ningures a versión galega da Mensaxe da súa Directora … Sigue lendo

Publicado en Efemérides, Manifestos, Poesía, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, co gallo do Día Mundial da Poesía de 2018 (Versión galega)

Neste 21 de marzo do 2018, Día Mundial da Poesía, declarado pola UNESCO en 1999, tampouco atopei por ningures a versión galega da Mensaxe da súa nova Directora Xeral, Audrey Azoulay, que si podemos ler na variante portuguesa no sitio … Sigue lendo

Publicado en Efemérides, Manifestos, Poesía | Deixa un comentario

Manifesto do Día Mundial da Poesía, de María Xosé Queizán, no Festival Alguén que RESPIRA!

Onte estivemos no compostelán Teatro Principal na gala de inauguración das xornadas poéticas Festival Alguén que RESPIRA!, que coordina o poeta Antón Lopo. As persoas asistentes puidemos gozar das lecturas ou recitacións de poetas nosos como Salvador García-Bodaño, María Xosé … Sigue lendo

Publicado en Antoloxías, Efemérides, Manifestos, Poesía | Deixa un comentario

Recensión a Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos, en Grial 216

No mesmo último número, 216 (outubro, novembro, decembro do 2017) de Grial, Revista Galega de Cultura, e tamén na sección intitulada «O espello das letras» aínda asino unha outra recensión intitulada «Unha biografía alicerzada nunha abondosa documentación» para dar conta … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Ensaio, Epistolarios, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Manifestos, Manuscritos, Poesía, Política, Recensións | Comentarios desactivados en Recensión a Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos, en Grial 216

Manifesto: «Per la qualitat democràtica, la llibertat, la llengua i les institucions catalanes»

Un Manifesto que partillamos e facemos noso: LA GENT DEL LLIBRE Per la qualitat democràtica, la llibertat, la llengua i les institucions catalanes Des del món del llibre, els sotasignats ens manifestem a favor de: 1. Els valors democràtics Defensem … Sigue lendo

Publicado en Ensaio, Historia, Manifestos, Narrativa, Poesía, Política, Teatro | Comentarios desactivados en Manifesto: «Per la qualitat democràtica, la llibertat, la llengua i les institucions catalanes»

Comunicado do PEN Catalá e de Escriptors AELC sobre a violencia policial do 1 de outubro

Comunicat conjunt de @PENCatala i @EscriptorsAELC sobre la violència policial d’ahir. Fago miña esta comunicación da AELG, da que fago parte. Prezada Socia, prezado Socio, Comunicámosche que a AELG vén de facer público a súa adhesión ao comunicado da AELC … Sigue lendo

Publicado en Manifestos, Política | Comentarios desactivados en Comunicado do PEN Catalá e de Escriptors AELC sobre a violencia policial do 1 de outubro