Aramados, anotación do xornalista Marcos Manteiga

O xornalista Marcos Manteiga asina hoxe unha anotación na páxina da comarca de Ordes no xornal compostelán El Correo gallego para dar conta da publicación de Aramados, de Manuel García Gerpe, en tradución da nosa autoría.

Reproduzo deseguida o comentario de Marcos Manteiga, a quen agradecemos as súas palabras, que tamén se poden ler nesta ligazón.

Traducen a diáspora do avogado ordense Manuel García Gerpe ao galego

Marcos Manteiga

09 xaneiro 2021 /

ORDES. A editorial Alvarellos vén de reeditar en galego Aramados, a traducción da obra Alambradas, mis nueve meses por los campos de concentración franceses, do avogado ordense Manuel García Gerpe, e na que o autor reflicte o confinamento obrigado no país galo ao que eran sometidos os republicanos. Hai que lembrar que a obra inicial divulgouse no ano 1941 en Bos Aires, onde acabou emigrado García Gerpe (quen morrería con só 41 anos en 1949). O xurista foi, ademais, un dos persoeiros públicos de maior relevancia na vila de Ordes durante a Segunda República, onde Manuel Pazos o eleva a referente “político e cultural” da localidade. Alí, do mesmo xeito, conta cunha rúa que leva o seu nome. A edición de Aramados, que ten 164 páxinas, foi posible grazas a axuda do Concello de Oroso e da asociación cultural Obradoiro da Historia.

Esta entrada foi publicada en Biografía, Documental, Fotografía, Historia, Narrativa, Política, Teatro, Versións ou traducións. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta