Arquivo da categoría: Historia

Entrevista sobre a obra de Florencio Delgado Gurriarán no Diario Cultural da Radio Galega que conduce a poeta Ana Romaní

A inicios de febreiro, concretamente o día 07/02/2022, na edición de mediodía do Diario Cultural da Radio Galega, emitiuse a primeira entrevista que me realizaron para falarmos sobre a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán. Nos últimos dez minutos a … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Gravacións, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Poesía | Deixa un comentario

Participación nas micropezas da RAG «Polos vieiros de Florencio»

Desde primeiros de febreiro até hoxe a Real Academia Galega (RAG) vén dispoñibilizando na súa canle de youtube unha serie de micropezas co título «Polos vieiros de Florencio», inseridas nas actividades de difusión e promoción da vida e da obra … Sigue lendo

Publicado en Arte, Biografía, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Gravacións, Historia, Lingua, Memoria Literaria, Música, Poesía, Política | Deixa un comentario

Recensión de Mario Regueira a Florencio Delgado Gurriarán: vida e obra dun poeta no exilio mexicano, no suplemento cultural Sermos Galiza

O sábado 2 de abril o crítico literario e escritor Mario Regueira ocupouse na súa sección intitulada «A tinta e a luz», no suplemento cultural Sermos Galiza de Nós Diario unha nova recensión do texto Florencio Delgado Gurriarán: vida e … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Efemérides, Estudos literarios, Historia, Lingua, Poesía, Recensións | Deixa un comentario

Telexornal Florencio Delgado Gurriarán #LetrasGalegas2022 do CPI dos Dices (Rois)

A canle de youtube Cinema Porviso, creada por Luís Aldegunde, profesor e catedrático de Lingua e Literatura Galega no CPI dos Dices (Rois), vén de facer público na rede o seu Telexornal, realizado co seu alumnado e de moita utilidade … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Efemérides, Entrevistas, Estudos literarios, Gravacións, Historia, Lingua, Poesía, Política, Televisión | Deixa un comentario

Entrevista en Nós Diario sobre a obra Florencio Delgado Gurriarán: vida e obra dun poeta no exilio mexicano

O pasado 3 de marzo publicouse nas páxinas culturais de Nós Diario unha longa entrevista sobre a obra intitulada Florencio Delgado Gurriarán: vida e obra dun poeta no exilio mexicano (Xerais, 2021). A conversa con Antón Escuredo, que reproduzo na … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Entrevistas, Estudos literarios, Historia, Lingua, Poesía | Deixa un comentario

Darío Xohán Cabana no «Álbum de Galicia» do Consello da Cultura Galega

O sitio web do Consello da Cultura Galega vén de publicar unha anotación biobibliográfica no «Álbum de Galicia» sobre o lembrado e chorado amigo Darío Xohán Cabana, coa epígrafe«Poeta, narrador e tradutor, académico da RAG, autor dunha obra ciclópea en … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Contos, Ensaio, Estudos literarios, Historia, Infantil, Lingua, Memoria Literaria, Narrativa, Obituarios, Poesía, Versións ou traducións | Deixa un comentario

Recensión a Pola nosa lingua. Unha década de artigos en defensa do galego (2009-2019)», de Xosé María Lema

Unha das publicacións nas que adoito colaborar con estudos literarios ou traballos críticos é A Trabe de Ouro, que dirixe Xosé Luís Méndez Ferrín e que edita Atlántica, editora tamén da revista mensual Tempos Novos. No último número, 118 (setembro, … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Historia, Lingua, Recensións | Deixa un comentario

Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta no exilio mexicano (Xerais, 2002)

A conta de twitter de Edicións Xerais anuncia a próxima chegada ás librarías do estudo literario da miña autoría Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta no exilio mexicano, unha (re)lectura arrequentada da creación literaria dun autor sobre o … Sigue lendo

Publicado en Biografía, Estudos literarios, Historia, Lingua, Poesía | Deixa un comentario

Artigo en QPC (XCIV): Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía (Buenos Aires, 1923-1934), cabeceira da prensa costeira dixitalizada no Repertorio da Emigración Galega

Hai poucos días, e con escasa repercusión mediática, produciuse unha excelente nova ao se dar a coñecer a dixitalización por parte do Repertorio da Prensa da Emigración Galega, creado no Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega, dunha histórica … Sigue lendo

Publicado en Estudos literarios, Historia | Deixa un comentario

Artigo en QPC (LXXXIX): Unha achega a Vida carnotana. Boletín Oficial del Centro Social de Recreo y Cultura Hijos del Ayuntamiento de Carnota (Buenos Aires)

Veño de publicar unha nova colaboración en QuepasanaCosta. Diario dixital da Costa da Morte, que dirixe Ubaldo Cerqueiro, desta volta unha anotación sobre unha revista da nosa emigración, Vida carnotana, que descoñecía até non hai moito tempo. Velaquí o texto … Sigue lendo

Publicado en Contos, Efemérides, Estudos literarios, Fotografía, Historia, Lingua, Xornalismo | Deixa un comentario