Recensión a Pola nosa lingua. Unha década de artigos en defensa do galego (2009-2019)», de Xosé María Lema

Unha das publicacións nas que adoito colaborar con estudos literarios ou traballos críticos é A Trabe de Ouro, que dirixe Xosé Luís Méndez Ferrín e que edita Atlántica, editora tamén da revista mensual Tempos Novos. No último número, 118 (setembro, outubro, novembro, decembro de 2021) asino na sección «Publicacións» o texto intitulado «Os irrefutables argumentos de Xosé María Lema en Pola nosa lingua. Unha década de artigos en defensa do galego (2009-2019)».

Este número 118 abeira os seguintes contidos. Na sección «Cuestións» os artigos «Sobre a revolución cultural» de Alain Badiou, en tradución de Francisco Sampedro; «Notas para un centenario. Intelectuais galegos ante a insurrección de Pascua e a guerra de liberación de Irlanda», de Antón Capelán e «Xénero e suxeito en sete novelas escritas por mulleres», que asina Manuel Forcadela.

Na sección «Acoutacións» aparecen os artigos «A iniciativa do exilio galego en México. Apoloxía de Luís Soto» de Xurxo Martínez González; «A crise multidimensional do capitalismo» de Facundo Nahuel Martín e «Xácome, o histrionismo político e o populismo cultural» de Manuel Outeiriño.

Na sección «Textos» publícase o texto «Sísifo no teletraballo», de Félix Balanzó, en tradución de Manuel Outeiriño.

Por último, pecha deste volume a sección «Crónica» cos textos «Basrreiro sempre», de Xosé Luís Méndez Ferrín; «Eu xa cheguei onde tiña que ir. Na inauguración do Museo Ramón Cabanillas», de Pitusa Vidal Cabanillas, con transcrición e notas de Francisco Fernández Rei, e finalmente «Inauguración do Museo Ramón Cabanillas, poeta galego» de Francisco Fernández Rei.

Velaquí a miña recensión, que xa tivera unha versión anterior no dixital Que Pasa Na Costa:

image description
Esta entrada foi publicada en Estudos literarios, Historia, Lingua, Recensións. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta