Unha entrevista realizada polo alumnado de 1ª da ESO do CPI Viaño Pequeno (Trazo)

O Proxecto Interdisciplinar do CPI Viaño Pequeno «Educación para o Desenvolvemento dende unha perspectiva de Xénero», que este curso promoveu e impulsou a profesora de inglés Myriam Morán Sacristán, decidiu dedicar unha das súas sesións a traballar o meu conto rimado Rebelión na charca (col. Bolboreta. Sotelo Blanco, 2012), por certo un texto que infelizmente non é doado de atopar despois do peche da editora.

De resultas dun produtivo traballo previo conviñeron en me realizar unha entrevista na aula, á que accedín malia que nunca quixen mesturar a miña creación coa miña profesión de profesor de lingua e literatura, xa que este alumnado de 1º da ESO é tamén o meu alumnado. De son ser pola insistencia de Myriam dubido que aceptase, mais alá foi e un resumo desa entrevista en dúas partes pódese visionar desde o 13 de xuño no seu blogue planetaigualdade e tamén na súa canle de youtube. Foi unha interesante experiencia e a rapazada de 1º da ESO foi incisiva nas súas preguntas e ben merece os parabéns.

Esta entrada foi publicada en Contos, Encontros, Entrevistas, Infantil, Narrativa, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta