Ser auga, darse en auga. A antoloxía de Bernardino Graña nas «Recomendacións» da libraría Á lus do candil


(Premer na imaxe para una mellor lectura)
Máis unha vez o blogue de Á lus do candil, a activa libraría que rexentan en Arteixo o poeta fisterrán Modesto Fraga e a súa compañeira Alba Rodríguez, publicitou un libro da miña autoría, mensaxe que moito lles agradezo.
Desta volta, na sección fixa intitulada «Recomendacións» do pasado 1 de outubro, anunciaban a antoloxía de Bernardino Graña (cos parabéns polo seu 81 aniversario no día 27 de setembro) que parafraseando un verso seu intitulei Ser auga, darse en auga. Medio século: 1958-2008, que conta cun estudo introdutorio de 60 páxinas e que foi editada na colección «Arte de Trobar» do PEN Clube de Galicia, e da que xa falei nesta anotación.
Obrigado, moitas grazas pois de novo aos amigos Alba e Modesto. Velaquí o texto que escriben:
O pasado 27 de setembro Bernardino Graña cumpríu 81 anos de idade. Nada mellor para conmemorar a efeméride do «Poeta do mar» que lendo os seus versos, sempre luminosos. Da súa prolífica obra poética, que inclúe os libros «Profecía do mar», «Non vexo Vigo nin Cangas», «Himno verde» ou «Ardentía», entre outros, nós imos recomendar hoxe a antoloxía «Ser auga, darse en auga», que preparou Miro Villar e que publicou o PEN Clube de Galicia na súa colección Arte de Trobar. Un tesouro inmenso. Á venda na libraría «Á lus do candil» de Arteixo.
«Ser auga, darse en auga». Bernardino Graña.
Edita: PEN Clube de Galicia. PVP: 19,80 €

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Poesía. Garda a ligazón permanente.