A ruta marítima da novela Costa do solpor, de Xosé María Lema Suárez

O sitio web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega(AELG) vén de publicar en formato pdf «A ruta marítima da novela Costa do solpor, de Xosé María Lema Suárez». Esta nova proposta de literatura de viaxes ou de viaxes na literatura que fai o noso amigo Xosé Mª Lema, escritor, historiador, lexicógrafo e presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SemEsCom) é o segundo traxecto baseado na súa novela, no que percorremos unha boa parte da bisbarra seguindo os itinerarios dos personaxes principais, e desta volta por mar, con dous posibles puntos de partida para o Roteiro da Hispaniola:

0. Desde o porto de Corcubión.
1. Desde o porto de Fisterra.
Deseguida a nao deberá navegar preto dos seguintes puntos:
3. As fortalezas defensivas do Cardeal e do Príncipe (Corcubión)
4. Praia da Langosteira (Fisterra)
5. Porto de Fisterra.
6. Cabo de Fisterra.
7. Cabo da Nave (Fisterra).
8. Cabo de Touriñán (Muxía).
9. Cabo Vilán (Camariñas).
10. Punta Gallada da Insua da Pedrosa (Camariñas).
11. Praia do Trece (Camariñas)
12. Penal do Veo ou Area Escorredía (Camariñas).
13. Coídos Xemelgos (Camariñas).
14. Santa Mariña (Camariñas). E desde aquí a nao retrocede na escena final.
15. Monte Cachelmo, Furna da Buserana, Arnela e Punta da Buitra (Muxía)

O roteiro vai acompañado de imaxes antigas e contemporáneas, mapas, e moita información adicional, nomeadamente histórica, etnográfica e antropolóxica, mais tamén da ligua de noso e da súa fraseoloxía ou dos versos dos poetas da Costa da Morte, clásicos como Gonzalo López Abente ou actuais como os fisterráns Alexandre Nerium ou Modesto Fraga e tamén de min propio, cousa que moito estimo e moito lle agradezo ao autor.

«A ruta marítima da novela Costa do solpor, de Xosé María Lema Suárez» xurdiu por idea do noso amigo X. Carlos Rodríguez Pérez, dos servizos de profesorado do CAFI, cando se realizou a primeira «Ruta Costa do Solpor», que antes tamén fixeran os nosos compañeiros e compañeiras do Semescom. No sitio web da AELG vén sumarse a outros tres roteiros da zona xa existentes neste recurso didáctico: a «Rota pondaliana» (de Manuel Ferreiro), a «Costa da Morte» (de Francisco Fernández Naval) e «Fisterra» (de Modesto Fraga). Pódese acceder a ela de balde nesta ligazón e tamén desde a propia bitácora persoal de Xosé Mª Lema Suárez, tamén denominada costadosolpor.

Cómpre lembrarmos que a novela Costa do Solpor (Xerais) recibiu o recoñecemento á mellor obra na modalidade de Creación Literaria da Fundación Premios da Critica Galicia, da que o xurado salientou que «asume diversos modelos narrativos cunha ampla documentación histórica e un rexistro lingüístico rico, poñendo en valor os territorios literarios vinculados co mar».

Os antecedentes da novela sitúanse na coñecida obra intitulada A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson, e na que o escritor escocés deixou un portelo aberto ao final. Este portelo xa foi continuado por algúns escritores e así tamén naceu Costa do Solpor, ao imaxinar que a tripulación no seu regreso a Bristol tivese novas aventuras e percances na costa atlántica galega que naquela altura non se podía denominar Costa da Morte, topónimo de pouco máis dun cento de anos e xurdido no xornalismo.

«A ruta marítima da novela Costa do solpor, de Xosé María Lema Suárez» posúe tamén versións en Español e en English. Unha iniciativa da AELG para a elaboración do texto, rematada en maio de 2017, malia publicarse agora, e as súas traducións, xeorreferenciación e subida á sección O Territorio do/ Escritor/a da web da AELG foi posíbel grazas ao convenio coa Deputación Provincial da Coruña.

Para remate reproduzo o poema da miña autoría que Xosé María Lema inclúe xenerosamente nesta guía e que se publicou no meu libro Abecedario da desolación (Espiral Maior: A Coruña, 1997), agora tamén en español e en inglés, en versións literais das que non coñezo a autoría. Velaquí:

(ORIXINAL)

o mar, ben coñecido, non oculta segredos
na costa de muxía, despido polos brazos
de occidentais paisaxes lambe as súas contornas
ata bater coa lingua na erosión máis profunda,
mentres ollos pechados son martiños peixeiros.

o mar esperta cedo, debruzando nas rochas,
e un brazo tumultuoso penetra ben adentro
na esvaradiza furna de buserana, labios
pedregosos reciben o contacto salobre
das lúbricas areas como carnes abertas.

o mar desvergoñado rebenta en escabrosas
acometidas, ondas máis doridas salpican
as íntimas paredes con escorregadizos
aceites e na furna sonidos interiores
procuran a mestura cos xemidos das augas.

o mar decrece lento na breve retirada
da baixamar, en horas futuras novos azos
serán agradecidos pola furna con voces
de azucre e de melindres, namentres senllos corpos
dormen amalgamados e o amor se reinventa.

o mar, este mar mesmo, testemuña naufraxios
e ten na pel escritas enigmáticas lendas
ou certos episodios, fala dunha doncela
morta de amor, dun vate que mataron por ela.
como tamén son bardo pregunto o meu destino.

(ESPAÑOL)

el mar, bien conocido, no oculta secretos
en la costa de muxía, desnudado por los brazos
de occidentales paisajes lame sus contornos
hasta batir con la lengua en la erosión más profunda,
mientras ojos cerrados son martines pescadores.

el mar despierta temprano, asomando en las rocas,
y un brazo tumultuoso penetra bien adentro
en la resbaladiza gruta de buserana, labios
pedregosos reciben el contacto salobre
de las lúbricas arenas como carnes abiertas.

el mar desvergonzado revienta en escabrosas
acometidas, olas más doloridas salpican
las íntimas paredes con deslizantes
aceites y en la gruta sonidos interiores
procuran la mezcla con los gemidos de las aguas.

el mar decrece lento en la breve retirada
de la bajamar, en horas futuras nuevos ánimos
serán agradecidos por la gruta con voces
de azúcar y de melindres, mientras sendos cuerpos
duermen amalgamados y el amor se reinventa.

el mar, incluso este mar, testimonia naufragios
y tiene en la piel escritas enigmáticas leyendas
o ciertos episodios, habla de una doncella
muerta de amor, de un vate que mataron por ella.
como también soy bardo pregunto mi destino.

(INGLÉS)

the sea, well-known, doesn’t hide any secrets
on the coast of Muxía, naked by the arms
of Western sceneries liking the edges
until pounding the deepest erosion with the tongue,
while the kingfishers keep their eyes closed.

the sea wakes up early, appearing through the rocks,
and a tumultuous channel penetrates deep inside
the slippery cave of A Buserana, rocky
lips taste the salty contact
of the lubricous sands like open wounds.

the insolent sea breaks charging
roughly, the sorest waves splash
the private walls covered on slippery
oils and, in the cave, inner sounds
attempt to mix with the moaning waters.

the sea slowly wanes in the brief leave
of the low tide, in the hours to come new spirits
will be acknowledged by the cave with voices
of sugar and sponge-fingers, while both
sleep amalgamated and love is reinvented.

the sea, even this sea, testifies shipwrecks
and has written on the skin enigmatic legends
or certain events, talking about a lady
who is dying of love, about a bard who was killed for her.
as I am also a bard I ask about my fate.

Esta entrada foi publicada en Fotografía, Historia, Lendas e mitos, Lingua, Narrativa, Poesía, Premios, Roteiros. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *