A nosa viaxe a Irlanda nun video-reportaxe de Emilio Roca na súa canle de youtube


O noso amigo Emilio Roca, mestre que leva o blogue e a biblioteca do IES Pedra da Aguia na Ponte do Porto, como antes fixera sobre a nosa viaxe a Cornualles, cumpriu co laborioso labor de realizar un video-reportaxe sobre a nosa estadía en Irlanda, facendo parte da nova «expedición» da serie Na procura do megalitismo atlántico e das Fisterras europeas do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom), que preside o historiador e escritor Xosé Mª Lema Suárez, quen vai publicando a súa propia crónica na páxina da entidade e na súa bitácora costadosolpor.
Para as persoas que compartimos esa viaxe resulta gratificante e magnífica esta ollada através da cámara de Emilio Roca e da súa compañeira Aurea.
A nosa gratitude e os nosos parabéns!

Esta entrada foi publicada en Arte, Cinema, Documental, Exposicións, Fotografía, Historia, Humor, Lendas e mitos, Lingua, Música, Narrativa, Poesía, Política, Roteiros, Tradicións. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a A nosa viaxe a Irlanda nun video-reportaxe de Emilio Roca na súa canle de youtube

  1. Pingback: As crebas » Na procura do megalitismo atlántico e das Fisterras: crónica da viaxe a Irlanda do Seminario de Estudos da Costa da Morte (22-29 de agosto de 2013), por Xosé Mª Lema Suárez

Os comentarios están pechados.