A vida nocturna das árvores, un libro artesanal


Hai blogues que se converten nunha pracenteira lectura e que anotamos para visitar de maneira habitual. Este é o caso de Letra pequena online, un blogue sobre libros para crianzas e mozos, da autoría de Rita Pimenta, que nacera no diario portugués Público, antes de coller vida propria. Desta volta detémonos na anotación sobre un fermoso libro intitulado A vida nocturna das árvores, xa que a bitácora reproduce un video arredor do seu proceso artesanal de edición. Son dez minutos magníficos sobre a manufactura do libro nesta época na que a maioría das editoriais (tamén as galegas) optaron xa pola despersonalizada edición dixital.
Alén do video, reproduzo tamén as palabras de Rita Pimenta que o acompañan:
«Os habitantes da floresta, os Gonds, dizem-nos que à noite os espíritos que vivem nas árvores revelam-se. Surgem ao cair do dia, quando cessa o seu trabalho árduo. É que as árvores nunca recusam abrigo ou alimento aos seres vivos.
Uma obra belíssima de Bhajju Shyam, Durga Bai e Ram Singh Urveti (originários da Índia Central), editada pela Tara Books.
O livro recebeu em 2008 o Prémio New Horizons de Bolonha. Foi nesta cidade que o encontrámos. E não conseguimos deixá-lo lá. Vejam como foi feito».

Esta entrada foi publicada en Documental, Infantil, Tradicións. Garda a ligazón permanente.