Dioivo, o nacemento dunha ilusión


(Redacción do Dioivo, por Gonzalo Vilas. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Principiou o Dioivo e a primeira lentura que deixou na Terra é ben proveitosa, orfos como estamos dunha prensa que non padeza de esclerose e que non sexa domesticada polos poderes fácticos. Parabéns a esta frescura que se preanuncia. Desexo e agardo que non fagan esmorecer o meu ánimo, como axiña sucedeu cos seus colegas da prazapública, quen nas primeiras semanas de andaina xa resucitaron vellos atavismos e sectarismos, nomeadamente no tratamento informativo da crise do nacionalismo hexemónico. E, sobre todo, nunha cousa que me molesta profundamente nun medio que se teña por honesto e serio, o feito de permitiren comentarios nas súas novas onde se recorre máis unha vez ao insulto persoal, até case a obscenidade. Críticas sempre, as que se queiran e de todas as cores, mais nunca os insultos que feren e que se agachan de maneira impune no anonimato. Iso embaza calquera boa intención de facer un xornalismo deste tempo e deste lugar. Desexo e agrado que o Dioivo non se lixe desa maneira. E para celebramos a súa saída lembrei aquela vella e marabillosa canción que tanto escoitei na mocidade na voz do cantautor estremeño Pablo Guerrero, “Tiene que llover a cántaros”, onde a chuvia era tamén símbolo da liberdade. Neste tempo de seca, tanto ambiental coma na resposta social, ten que chover a cachón, coma un Dioivo. Parabéns e a sobrevivirdes na maré.
Tiene que llover a cántaros
Tú y yo muchacha estamos hechos de nubes,
Pero ¿quién nos ata? Pero ¿quién nos ata?
Ten tu barro dispuesto, elegido tu sitio, preparada tu marcha.
Que es tiempo de vivir, y de soñar, y de creer.
Que tiene que llover, tiene que llover, tiene que llover,
Que tiene que llover a cántaros.
Estamos amasados con libertad, muchacha,
Pero quién nos ata, pero quien nos ata,
Ten tu barro dispuesto, elegido tu sitio, preparada tu marcha.
Que es tiempo de vivir, y de soñar, y de creer.
Que tiene que llover, tiene que llover, tiene que llover,
Ellos seguirán dormidos en sus cuentas corrientes de seguridad.
Planearán vender su casa. ¿Le pongo diez metros en cómodos plazos de felicidad?
Pero tú y yo sabemos que hay señales que anuncian
que la siesta se acaba y que una lluvia fina sin bioencimas, claro, limpiará nuestra casa.
Hay que doler de la vida hasta creer.
Que tiene que llover, tiene que llover, tiene que llover,
Que tiene que llover a cántaros.
Pablo Guerrero

Esta entrada foi publicada en Documental, Historia, Política, Presentacións, Xornalismo. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Dioivo, o nacemento dunha ilusión

  1. Pingback: As crebas » E xa está aquí o primeiro Dioivo de setembro

Os comentarios están pechados.