Xosé María Lema Suárez: «O Museo da Pesca de Fisterra debera estar aberto todo o ano»

MuseodaPesca01
(Fotografía de Carlos Rodríguez. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
RoteiroCostadoSolpor
Teño a honra e o pracer de reproducir deseguida o artigo que o meu Presidente, Xosé María Lema Suárez (porque é presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, Semescom, do que fago parte) escribiu na súa bitácora Costa do Solpor para reivindicar o labor do Museo da Pesca de Fisterra e do seu guieiro, o poeta fisterrán Alexandre Nerium.
O artigo fai tamén referencia a o Roteiro «Costa do Solpor», organizado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) dentro dunha xeira de actividades de formación do profesorado que coordina Carlos Rodríguez e que nesa ocasión se baseou nos itinerarios dos protagonistas da novela Costa do Solpor (Xerais, 2013. Premio da Crítica de Galicia. Creación Literaria, 2014).
Velaquí o artigo:
O MUSEO DA PESCA DE FISTERRA DEBERA ESTAR ABERTO TODO O ANO
O pasado 28 de maio fixemos a 3ª excursión do Roteiro «Costa do Solpor», organizada por Carlos Rodríguez (CAFI), que xuntou a 57 profesores/as de toda Galicia. Un dos lugares-estrela deste roteiro foi o Museo da Pesca de Fisterra, situado no castelo de San Carlos. Nel, o guía do museo, o mariñeiro-poeta Alexandre Nerium recitou unhas poesías relacionadas co contido da novela e logo mostrou o contido do interior do museo cunhas explicacións sinxelas e de gran didactismo. Profes como todos eran, quedaron marabillados co que alí aprenderon sobre o mundo da pesca e do mar. E tamén quedaron estrañados de que aquel recinto non estivese aberto todo o ano.
Profes como todos eran, quedaron marabillados co que alí aprenderon sobre o mundo da pesca e do mar. E tamén quedaron estrañados de que aquel recinto non estivese aberto todo o ano. O profesor e escritor Miro Villar acaba publicar no web Que Pasa na Costa a visita dun poeta maltés ó Museo. Moitos son os visitantes que marchan marabillados do contido do pequeno museo e, sobre todo, polas explicacións do guieiro.
¿Non haberá neste noso paisíño algún organismo -Concello fisterrán. Deputación coruñesa, Xunta de Galicia- que sexa quen de manter aberto todo o ano este lugar, que hoxe constitúe un dos principais atractivos de Fisterra, malia ser pouco coñecido?

Esta entrada foi publicada en Historia, Narrativa, Poesía, Roteiros, Tradicións. Garda a ligazón permanente.