(Xosé Manuel Lobato, nunha fotografía tirada por min en xullo de 2013, no noso Roteiro polo Lor courelao. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
O meu caro amigo Xosé Manuel Lobato, compañeiro de andaina de moitos roteiros, sempre amosou unha especial predilección polo canto paisaxístico, quer nos seus libros (nomeadamente Retorno a Natura e Máxico tear natural, ambos e dous publicados por Alvarellos en 2009 e 2011), quer nos seus artigos xornalísticos, primeiro na súa columna quincenal «Lucerna da Portela», que se publicou durante moito tempo no xornal Galicia Hoxe, e na actualidade nas súas habituais colaboracións nos dixitais Café Barbantia e de maneira máis recente no Noticieiro Galego, onde mantén unha sección denominada «Portelo do retorno».
E de sempre entre as súas preocupacións polo territorio ocupa un lugar sobranceiro o espazo natural da Costa da Morte, que moito lle agradecemos para quen é nativo de Boqueixón, ao pé do mítico Pico Sacro ou Sagro. A esa serie de textos pertence o artigo intitulado «Ollada camariñana», que reproducimos deseguida e que tamén se pode ler premendo na ligazón do epígrafe.
Ollada camariñana
Ondas carpideiras acadan máxima fluorescencia na nocturnidade, o seu bater fronte aos cantís da punta Costado é unha auténtica ardentía de penosos acordes.
Marusía de branco reverberar, amenizada polo insistente carpir, unha lamentación constante nunha loita secular do mar aos pés do altar.
Ara natural formada pola punta Castelo, acollida e mimada polo templo natural do monte Farelo. Aquí, neste emblemático lugar, a devoción do visual adquire compenetración e fusión coa realidade dun espectáculo embriagador nun constante episodio anovador.
Ar que sopra e asubía con insistencia, a súa constancia consegue captar en exclusividade máxima atención dos sentidos, o lugar achega sensacións contraditorias, un gran contraste e radical diferenza, entre a enxeñería da natureza e algunhas das grandes chapuzas humanas.
Cantís, furnas, areais, dunas, illas, laxes, pedras,… todos eles perfectamente identificables e formando un conxunto irreverente, mais moi harmónico.
Na banda oposta unha avinza esnaquizada, destruída sen consenso nin argumentos lóxicos, estas actuacións non deixan indiferente a ninguén, pois aquí dende hai tempo moran dous intrusos, amosan unha face de inconsciente ledicia, ambos conseguiron un oco de privilexio, coa forza da inxustiza e fronte ás leis naturais que existen de sempre.
A camariña, un poboador da contorna en perigo de extinción, soporta o roncar enfermizo e xordo dos papa ventos que sobresaen sobre o cabo Vilán, tamén a visión dunha marea branca vogando sen desmaio fronte a granxa dos planos.
Outro dos grandes prexudicados, un cabo fermoso e de sofisticada figura, dos máis emblemáticos da costa galega, o Vilán na actualidade permanece absolutamente encadeado, non se coñecen as súas actuacións delituosas para soportar unha pena tan cruel.
Nas súas costas, xigantescos captadores de ventos do quixote adiñeirado e, nos seus pés unha fábrica de peixes dos insaciables viquingos. Dunas da praia do Trece e o fastoso monte Branco tamén coñecen os efectos nocivos de tan desagradable veciñanza.
As rogativas e pregarias continúan, a virxe do Monte está a clamar axuda á irmá da Barca, as dúas teñen labor abondosa, mais a súa encomenda de protexer de novas incursións e tentar expulsar da zona a todo asentamento que rache co consenso da natura, non parece doada tan destacable labor neste tempos de conquista, pois as esmolas do capital mesmo logran que preguen de xeonllos os que se consideran emperadores.
Xosé Manuel Lobato
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta