(Fotografía de © Luis Díaz Díaz)
O amigo da infancia e hoxe afamado e premiado arquitecto Xoán Creus Andrade (Cee, 1966), do estudio Creus e Carrasco creado coa súa muller Covadonga, proferiu onte na vila de Cee o «Pregón das Festas da Xunqueira 2016», que reproduciu de maneira íntegra a edición de La Voz de Galicia – Carballo e que do que me fago eco nesta bitácora porque lembra moitos feitos comúns da nosa nenez e da nosa mocidade antes de que os estudos nos levasen a morar en cidades diferentes, Xoán Creus n’A Coruña e eu en Compostela.
Por volta do ano 1986, van xa trinta anos. un grupo de sete mozos “letraferidos” (ou amantes da literatura) constituíramos o colectivo de poesía Un Medio e publicamos nos anos seguintes dous cartafoles en papel satinado que foron deseñados e ilustrados por Xoán Creus Andrade. Cada un deles levaba textos poéticos da autoría de tres dos irmáns Creus Andrade, Humberto, o propio Xoán e un novísimo Estevo; de Xosé María Costa Lago; de Artur Trillo Sendón; de Rafa Villar e de min mesmo.
Velaquí o Pregón. E para as persoas que non sexan da nosa comarca direi que «coreanos» é como nos chaman aos Cee en Corcubión e «pelados» como lles chamamos nós a eles.
«Pregón das Festas da Xunqueira 2016»
Benvidos á Xunqueira!!
Mulleres, homes, nenos e grandes. Coreanos, pelados, fisterráns, pindexos, pelegríns da montaña, xente toda da Costa da Morte!!
Este é o pregón das Festas da Xunqueira 2016, días de ledicia e confraternidade para familias e veciños. Quen vos ía decir que un arquitecto daría o pregón dunhas festas se aquí non se trata de xeometría, nin de construción (inda que, como sabedes, un dos nosos paisanos foi quen fixo a Torre da Berenguela e vaia dende aquí unha homenaxe). Moitas grazas ao alcalde, á corporación e á comisión de festas pola invitación. Tamén a Pepa, magnífico exemplo das grandes mulleres deste pobo. Tamén a Ramiro, que tanto bregou na rede para que eu dera este pregón algún día. E a toda unha xeración de grandes amigos que, despois dos pregóns de Fran e de Paco, os nosos maiores daquela, tamén se merecían esta celebración. Pois sí, aquí me tedes, como todos vos, un ano máis pasando as festas entre comidas, procesións, orquestras, cochitos, tómbolas e tiovivos. Unha ledicia!
Lembro aqueles anos no que o palco se poñía diante da casa do Frente de Juventudes, nesta fermosa praza, ao lado da casa dos Jallas, vaia unha aperta para eles alá onde estean. Si, bidóns e táboas que construían o escenario para que tocase… A Palma, a nosa grande orquestra, uns músicos que tiveron a habilidade de situarse na raia entre Corcubión e Cee e así tanto picaban na Xunqueira como en San Marcos. Músicos e albaneis!!. Mono de obra e platillos de madeira que tamén servían para recebar. E nós, agochados por baixo do palco a ver si, entre as fendas das táboas pillábamos as incribles perspectivas nas profundidades das minifaldas das gogos.
Lembro o guapos que nos poñían a todos. E a sesión vermú entre as fermosas árbores desta praza. Todas as familias baixando a un espazo que ese día é o centro do mundo. Tamén lembro as escaramuzas identitarias pola noite, o movemento das pandillas, sobre todo entre as xentes do eixo costeiro Muxía-Fisterra-Corcubión-Cee; ou cando viñan uns jevis da Coruña moi perigosos. E nós a bailar Obús e Barón Rojo. Tamén esperando por esas baladas para, como di meu amigo Xurxo Souto soltar aquelo de: Que nena, jastas pista?
A festa é unha das maiores expresións da relación entre as persoas dun pobo, pois mestura valores cidadáns ao través de tódalas súas manifestacións: a institucional, a relixiosa e, por suposto, as relacións sociais. Fixádevos no nome da nosa Señora da Xunqueira, xuncos e eira, eu vexo aí a reivindicación dun lugar da natureza xunto ao nome do noso espazo colectivo máis relevante: a eira. A Xunqueira representa a construción dun lugar común a partir de entender a natureza como unha arquitectura: a catedral de xuncos, o refuxio, o sanatorio natural. A igrexa, a casa.
Unha das cousas que máis me gustan das festas é precisamente ver como os lugares que tanto percorremos a cotío, sen darnos conta, os reivindicamos nestas datas como espazo colectivo. Ano tras ano é o momento no que volvemos a velos cheos de xente, coa pretensión de desfrutalos. E canto teño desfrutado deles cos meus amigos. Como dicía miña nai eu deixábame levar por calquera sempre que houbera falcatruada. Así que eu esforzábame en saber das habilidades dos da miña quinta e aparecía envolto en toda canta falcatruada se facía no pobo. E así fun amigo de todos e lembro con moito cariño moitos recordos deles e dos escenarios por onde nos moviamos. Os nenos saímos á rúa para ir coñecer un territorio que comezaba na casa, pasaba pola rúa e dende aí explorabamos o descoñecido: outras rúas, outros barrios e os espazos intermedios, tan importantes. O centro de Cee tiña unha estrutura moi clara, caendo en pendente entre a estrada e o mar. Rúa de arriba, onde eu estaba, o espazo intermedio dos calexóns e a Praza. Cantas veces, indo á praza, me perdía no espazo intermedio. E cantas máis cando pasaba da praza á ribeira. Moi lonxe quedaban a Armada, as Escavanas ou as Casas baratas.
A percepción do movemento entre os espazos que percorremos é, en realidade, a mesma percepción da vida. Por iso é tan importante manter a calidade e a interconexión entre eles. Se a mín me gusta a arquitectura é porque permite construír iso, non só unha forma ou materialidade, senón a propia historia da xente. Tamén historias negras que non imos sacar nun día de festa. Centos delas, de todo tipo, que tiñan como escenario os lugares de dentro e fóra do pobo. Mesmo no mar. Para min foi un gran descubrimento percorrer os lugares do mar: aqueles que saen á superficie como as Lobeiras ou os Carrumeiros; mais tamén eses lugares afundidos onde viven peixes mesturados con historias de naufraxios. O mar é un territorio ligado á terra, forma parte da mesma cousa, manifestándose coma o monumento vivo máis grande de Galicia: a mallante, a franxa de costa que cambia coa marea. O que eu chamo Espazo Batente. É o noso máis prezado tesouro, o lugar onde se trenza a nosa identidade. Isto non o sabía Sra Draga cando veu recalar na nosa ría. Penso que Sra Draga foi unha firme competidora da Virxe da Xunqueira naquilo da construción dun lugar durante moitos anos. Aquel barco lento que cuspía area tapou a ponte de Globa, a rampa de Eulogio, as escaleiras de baixada á ribeira, o atrio do mar, os hórreos da beira, deixando sen sentido o balcón do único cine que coñezo dende onde se podía pescar. Tamén é verdade que tapou as tripas dos matadoiros, os verquidos incontrolados ou a árbore de lixo baixo o Banco dos Pescadores. Foron as datas do gran cambio, do paso firme de Cee cara unha nova vila con moitas máis vivendas, centro de saúde, mercado, hospital, piscina e centro comercial. Mais tamén con menos patrimonio. Cantas casas bonitas se perderon!. Con menos relación co mar e iso si, coa aparición de moitos espazos aos que non lle sabiamos dar uso. Espazos intermedios que requiren agora atención. Foron tempos de tomar decisións difíciles e, inda que con moitas dúbidas, apostar por un proxecto. Os proxectos son momentos de unión (fermoso nome o de Unión Club Cee), mais cómpre atinar e sobre todo resolver os seus bordes. Coser un espazo construído é un traballo colectivo. Aparecen as actividades de todos os axentes, mesturados con fincas, regos, paredes? intereses.
Quixera pedirvos que, aparte de desfrutar da festa, reflexionedes nas comidas destes días, sobre a unión e o potencial que este pobo ten para facer cousas bonitas. Hai moitas cabezas ciscadas por fóra e moitas máis aquí dentro. Só hai que xuntalos como nunha cadea. Non podemos comportarnos como se xa non se puidese cambiar nada, como se aceptásemos que este pobo non pode mellorar. Hai moitas cousas que están aí e que teñen un gran valor. Non velas é o principal motivo polo que desaparecen. E a miña obriga é recordárvolo. Para construír serve unha lousa de pedra (deixándoa no seu sitio, non como ocorreu co lavadoiro público), o azulexo histórico dunha fachada ou unha galería (non como está a ocorrer e vai ocorrer coas casas da rúa de arriba), unha árbore (como as que perigan na horta de Palmira) ou un muro (como os que marcharon de tantos camiños). Son materiais que herdamos, mais tamén son ideas, pensamentos que tiveron os nosos antepasados. Sen memoria non hai cultura. Non hai vida. Quen esquece as referencias é un ser dixital, coma calquera pokémon que anda por aí. ¿De onde credes que saíu a forza para que se formara todo un Batallón Literario de grandes escritores, ou insignes médicos, actores, historiadores, avogados, biólogos, químicos, mestres e tantos outros profesionais. Máis tamén tantos bos empresarios, construtores, carpinteiros, vendedores de miñocas?. Todos son nomes importantes, mulleres e homes que saíron de aquí, que están aquí ou se achegaron aquí e que dificilmente esquecerán este recuncho. Sempre serán necesarias novas ideas e persoas que busquen a mellora dun pobo poñendo por diante o ben común. Hai moito camiño que facer, moitas cousas que nos quedan por celebrar neste pobo. Moito que investigar e aprender, xunto con todos os veciños da comarca, ¿Que sería de Cee sen Corcubión, sen Fisterra, Muxía ou Dumbría? Unha illa, un cacho de terra solta. Hai que xuntar forzas, preservar e construír coa idea de mellorar o noso pequeno mundo con ideas e feitos do gran mundo. Temos que prepararnos e, como non podía ser doutro xeito, buscar entre os xuncos e celebrar os achádegos cantando aquilo de:
Ven a Cee
Ven a Cee
Os días da Xunqueira
Non cho volvo repetir
Tes moitos motivos para vir
Aquí terás viño
Bo xantar
E moita festa
Viva Cee!!
Viva a Virxe da Xunqueira!!
Xoán Creus Andrade
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta