Nos inicios desta bitácora xa comentei que unha das miñas intencións é xuntar material disperso. Hoxe reproduzo un fragmento da recensión que publiquei na revista Grial, 159 (pp. 97-99) do volume Vinte cadernos (Poemas 1969-2002) [Xerais, 2003], de Darío Xohán Cabana, e que intitulei “Verbo da emoción, nunha lingua única”. Este traballo brindoume a oportunidade de render homenaxe a un poeta que exerceu o seu maxisterio sobre o meu estro poético. Fixemos amizade nos meus anos mozos cando coincidimos como compañeiros de traballo no Concello de Corcubión, daquela Darío era garda municipal (tempo despois marchou para Lugo) e eu estiven varios meses a traballar primeiro como secretario persoal do alcalde nacionalista de Corcubión, Rafael Mouzo Lago, e logo enviado polo INEM para facer labores de auxiliar administrativo. Lembro as nosas conversas sobre literatura, das que tanto aprendín, os libros que me deixou e, sobre todo, a enorme humanidade do Darío. Nunca esquecerei momentos como cando en días de temporal, nos que non podía saír á rúa, andaba a traducir versos do dolce stil nuovo, nomeadamente do Dante Alighieri, ou do posterior Francesco Petrarca, que me ensinaba explicando os problemas que xeraba a tradución e as mil e unha voltas que lle daba a cada verso. Anos despois, estas traducións foron premiadas en Firenze (Florencia). Tampouco esquecerei que o meu primeiro libro de poemas, un sonetario, co título de Ausencias pretéritas acabou publicándose en Espiral Maior en 1992, con prólogo de Darío Xoán Cabana, quen tamén influíu na escolla do soneto como forma estrófica.
Vinte cadernos (Poemas 1969-2002) xunta en 540 páxinas case toda a súa produción poética. A miña recensión “Verbo da emoción, nunha lingua única” principia así:
«“Creo na poesía sentimental”, dicía o poeta Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) nunha recente entrevista publicada no semanario A Nosa Terra con motivo da aparición deste volume, no que se compila toda a súa obra poética desde os seus albores en 1969 ata o pasado ano. Se houbese que resumir esta persoal traxectoria de 33 anos de creación lírica abondaría con unir a ese tórculo de poesía sentimental, de poesía das emocións, a tinta dunha lingua única para estamparmos unha opinión certeira e precisa. De feito, o libro xunta, en disposición cronolóxica, todos os versos escritos por Cabana ata a idade do medio século, que o propio autor considerou como unha cifra simbólica para render contas do seu oficio poético.
En rigor non se trata dunha opera omnia, dunha banda porque o autor confesaba na citada entrevista: “Nin comezo unha nova etapa nin pensei en deixar de escribir”, doutra porque a recolleita foi realizada polas súas propias mans, que interveñen á hora de decidir sobre o feito de non se incluíren determinados poemas».
A recensión completa pódese ler nesta páxina de poesiagalega.org, que é o rótulo identificador dunha base de datos e dun repositorio sobre a poesía no campo cultural galego nos últimos dous séculos, proxecto que dirixe o poeta e profesor Arturo Casas. O seu equipo do GAAP (Grupo Alea de Análise Poética) faille esta entrada ao meu traballo: «Coméntase a oportunidade de atesourar os versos dun autor imprescindible na literatura galega a partir destes Vinte cadernos, que compilan a súa obra poética desde 1969 ata 2002. Aclárase que non se trata dunha obra completa, porque foron escollidos polo autor entre toda a súa produción e porque non ten pensado deixar de escribir, e recoméndase así mesmo a lectura do prólogo de Moncha Fuentes Arias. Dise que a partir do prólogo e da lectura do volume poden percorrerse os itinerarios poéticos de Darío Xohán Cabana, desde a poesía iniciática que comeza con Verbas a un irmao (1970), á máis política de Mortos porque Galicia viva (1974), pasando por versos de amor á súa parella en Ábrelle a porta ao día (1981) e obras de madureza como Patria do mar (1989)».
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta