Fermoso o video promocional de pouco máis de tres minutos para publicitar a convocatoria do XVI Certame de Poesía “Concello de Carral” (2013) e co que o seu coordinador, Carlos Lorenzo, vén de abrir unha canle en youtube e outra en vimeo para o premio.
Moitos parabéns pola iniciativa.
Por este video promocional van aparecendo todos os libros gañadores até hoxe, entre os que se atopa As crebas.
Gañadores/as:
- 2012: Roi Vidal, Teatro.
- 2011: Emma Pedreira, Libro das mentiras.
- 2010: Miro Villar, As crebas.
- 2009: Eli Ríos, Nós escoitando o badalo de marienplatz.
- 2008: Paulino Peña Álvarez, Gramática da afirmación.
- 2007: Xosé Luis Mosquera Camba, Nadja c’est moi.
- 2006: Isidro Novo, Esteiro de noites falecidas.
- 2005: Marcos S. Calveiro, Cartas do terceiro día.
- 2004: Xurxo Alonso, Breviario de Aldemunde.
- 2003: Sen convocatoria.
- 2002: Eduardo Estévez, Derrotas.
- 2001: Baldo Ramos, A árbore da cegueira.
- 2000: Lucía Novas, Epiderme de estío.
- 1999: Rafa Villar, Días de Sherezade.
- 1998: Rafael Lema, Atlántica.
- 1997: Fernando Díaz-Castroverde, Camiño de píntegas