(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Entre o 14 e o 15 de maio conmemóranse os 201 anos da independencia da República do Paraguai. Até o buscador google (que llo negou ao Día das Letras Galegas) tivo a ben adicarlle un dos seus doodles, tal e como xa fixera o pasado ano durante o Bicentenario, daquela o motor de busca presentara un deseño coa bandeira da República.
Porén, para nós, a República do Paraguai relaciónase co feito de que un emigrante muxián, Victorino Abente y Lago, sexa considerado un dos máis importantes poetas nacionais. Traduzo a biobliografía publicada no Breve Diccionario de la Literatura Paraguaya:
ABENTE Y LAGO, Victorino (Muxía, 2 de xuño de 1846 – Asunción, 22 de decembro de 1935). Aínda que galego de nacemento, a súa vida e a súa obra identifícanse co Paraguai desde a súa mesma chegada a Asunción en momentos difíciles e tráxicos da historia paraguaia (marzo de 1869), cando as tropas aliadas (soldados arxentinos e brasileiros) ocupaban a capital. Relacionado co segundo tramo do romanticismo nacional (que se inicia coa posguerra do 70) e aínda co posromanticismo, colaborou en varios xornais da capital, onde tamén publicou gran parte da súa obra poética. Creador de poemas dedicados ao renacer da súa nova patria (despois da tráxica Guerra de la Triple Alianza) e apropiadamente coñecido como “poeta de la resurrección nacional”, Victorino Abente y Lago tivo a sorte de ver triunfante ao Paraguai na súa guerra contra Bolivia antes da súa morte acontecida en decembro de 1935. Os seus poemas, dispersos en diversos xornais e revistas daquela época, foron recompilados e publicados postumamente en Asunción polo seu neto Cándido Samaniego Abente nun volume intitulado Antología Poética: 1867-1926 (1984).
En castelán os seus poemas máis sobranceiros son: “Sibila paraguaya”; “El oratorio de la Virgen de la Asunción”; “La tejedora de Ñandutí”; “El Salto del Guairá”; “Mis dos patrias” e ducias de obras máis.
Alén diso, no portalguarani.com pódese ler unha importante escolma da súa obra, que se completa nestoutra ligazón.
Ou tamén en letrasparaguayas.blogspot.com.es.
E outra breve biografía e ligazóns no portal cubano ecured.
Finalmente, estas dúas últimas fotografías en asunciondeantes.wordpress.com, tamén a segunda, que reproducimos coas correspondentes notas a rodapé e que pertencen ao arquivo persoal de Jose Luis Ardissone Nunes.
(Lago en “Villa San Rafael” del Sr. (entre 1910 y 1915). Francisco Guanes.La quinta Guanes está frente a Mburubichá Roga y se extendía hasta la Av. Artigas. En la foto Don Victoriano Abente y Lago y su esposa María Haedo Machaín)
(El poeta Victorino Abente y Lago, gallego de nacimiento, pero paraguayo por elecciòn, en sus ùltimos dìas, acompañado de su hija Manuela. Es autor, entre cientos de poemas, de “La Sibila Paraguaya” y “Saltos del Guairà”)
Pola nosa banda, na antoloxía De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte (Sotelo Blanco, 2009), edición literaria de Modesto Fraga e eu propio, incluímos os poemas en galego que se coñecen e a breve anotación que agora reproduzo:
VICTORINO ABENTE LAGO (Muxía, 1846- Asunción – Paraguai, 1935)
Obra poética:
Antología poética 1867-1926, ed. Cándido Samaniego Abente (1984)
Figura na obra de Eugenio Carré Aldao, Literatura gallega (1911)
VOLTA PR’A TERRA
Eu de soedades morría
Nas terras de donde veño
E volvín para Mugía
Miña vila, donde teño
Gardad’a miña alegría.
Da Virge da Barca ô par,
Abogada do mariño,
Está o meu querido lar
Ô pe do monte Corpiño.
Junta da veira do mar.
Da Virge a branca capela
Desde longe estase vendo
Perto da pedra da vela
E os tombos do mar, fervendo,
Escachan debaixo d’ela.
Alí na costa bravía
Abala a pedra da Barca
Que chama para Mugía
Gente de tod’a a comarca
Nos días de romería.
Da genio ver cando chea
De romeiras e romeiros
Soando a pedra abanea
E ao compás dos pandeiros
Botan cántigas da aldea.
Cousas do tempo pasado
Fálanme todo o que miro
E o corazón magoado
Ceiba un profundo sospiro
Do fondo peito arrincado.
Naquelas brancas ribeiras
Cantas veces rebuldando
Os pes mollaba nas veiras
E aos tumba-gatos jogando
Pasaban houras enteiras…
No medio da praza aquela
Jogaba as veces o trompo
E outras veces a estornela
E unha vez casi me rompo,
Co palán, unha canela.
¡Ai como miña alma chora
Aqueles tempos pasados
que ja non volven agora!
¡Anos tan empauliñados
Aqueles que pasei fora!
Cousas do tempo pasado
Fálanme todo o que miro
E o corazón magoado
Ceiba un profundo sospiro
Do fondo peito arrincado.
Mugía, 1881
LEMBRANZAS
Eu sinto melancónico consolo,
cando despertan os recordos meus,
vendo a Pena do Paso e o alto Bolo
de Domingo de Deus;
Pedra da Vela, Sala do Perello,
así chamada, porqu’en tempo antigo
contan que d’ese alcume un xastre vello,
para coser, alí buscaba abrigo.
Os montes do Corpiño e o Pequeno,
Furna da Richinola e os Malatos,
onde cando era neno,
xogaba c’os demais aos tumbagatos;
a perigrosa Pedra de Xaviña,
as pedras do Carreiro,
as areas da Cova, Cruz, Esteiro,
e a fonte da Pedriña;
a Pedra d’ abalar tan venerada,
pois da Virxen da Barca o nome ten,
e donde vese á xente arrodillada
que de lonxe a cumprir promesas ven.
A Buitra, que de cote está bruando,
o Vilán, xigantesco penedal
que polo mar esténdese, arredrando
os tombos que lle tira o temporal;
e outras lembranzas máis veñen á mente
cando hai vaga de mar e romper vexo
a Guieira, o Corpiño de Chorente
e a costa de Merexo.
De xeito que non hai no meu Muxía
curruncho nin petouto,
que, sexa moito ou pouco,
non me lembren os feitos d’outro día;
e dende que pisei a terra amada,
de cote vendo estou
c’os ollos da miñ’alma asoedada,
os encantos do tempo que pasou.
Muxía, Nadal, 1907
VIRXEN DA GUÍA
¿Por qué tanto s’apresta
toda a xente das dornas este día?
Porque son de Carreira e van á festa
da patrona de alí, Virxen da Guía.
Rematan de coce-la caldeirada,
ben feita, cuciñada
entre as pedras da praia.
Tiña patacas, raia,
aceite, sal, pimento,
e non sei se algún outro condimento.
¡Qué ben arrecendía todo aquelo!
¡Reconcho! Daban ganas de comelo.
Logo moi satisfeitos
a casa de Martínez van dereitos
facer contas con el,
importe da langosta,
que colleran pescando pola costa.
Sírvelles, Ismael,
vasos cheos de viño,
e dispois compran caña pra o camiño.
As dornas alá van, deixan a ría
da vila de Muxía:
con bon vento xuntiñas navegando,
soltas as velas, firmes as escotas,
asomellan un bando
de brancas gaivotas
que van do mar ás rentes aleando.
¡Qué cheos de contento
todos eles están!
botando cantareas,
lixeiros van, deixando a sotavento
a Buitra, Touriñán,
as de Nemiña e Duio albas areas,
Punta da Nave, cabo de Fisterra
onde a sirena berra
cando hai gran cerrazón que bota medo,
despois a Monte Louro e Corrubedo,
Ría de Arousa… están na sua terra.
Chega o día da festa, os pescadores
a misa van primeiro,
e cumpren sua promesa,
agradecendo á Virxen seus favores
por sacalos con ben da sua empresa,
mas tarde empezan a gastar diñeiro:
comen, beben e bailan á sua gana,
tod se vai en gastos de alegría,
de modo qu’ese día
a casa toda vai pola ventana.
Volven ao mar para gana-la vida;
na hora da partida,
suas mulleres na ribeira están,
e cando xa moi lonxe ven as velas,
chorando dicen elas:
– ¡Miña Virxen da Guía! ¿Volverán?
Muxía, mes de San Martiño, 1909
PONTECESO
Estóu na terra de Ponteceso,
frondoso berce do meu curmán,
galaico bardo de moita sona,
cantor do triste preso de Orán.
Ouzo as campanas d’Allóns e sinto
que magoando meu peito están,
porque me lembran o prisioneiro
que chora lonxe do patrio chan.
Altos pinales cobren os montes,
fermoso río recorre o plan,
garrida terra pola que xeme
aquel penado con tanto afán.
Famosa terra que serás de cote
nos moitos anos que pasarán,
nunca esquecida polo recordo
do teu poeta bergantiñán.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta