(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Agardaba con interese a saída do poemario Viaxe ao interior da fenda, co que Serxio Iglesias (Buenos Aires, 1966, mais vencellado á Costa da Morte: a infancia a Muxía, despois A Coruña, e na actualidade a Corcubión) gañou o pasado ano o XXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro, e cuxo xurado estivo formado polo alcalde Valentín Alfonsín Somoza (presidente), Mª Xesús Nogueira, Inma López Silva, Pura Prado e Bieito Iglesias, actuando como secretaria Cristina Codesido Fernández.
Viaxe ao interior da fenda vén de aparecer estes días nas principais librarías do País e eu merquei o meu exemplar en Á lus do candil, que rexentan en Arteixo o poeta Modesto Fraga e a súa compañeira Alba. O poemario xunta trinta poemas, acompañados de varias fotografías de Pablo J. Damonte e precedidos dun interesante Limiar que asina o poeta Xabier Cordal, quen fixera parte con Serxio Iglesias e outros poetas do colectivo Ronseltz, de cuxa actividade hai editado un volume intitulado Unicornio de cenouras que cabalgas os sábados (Edicións Positivas, 1994).
Dese atractivo Limiar de Xabier Cordal reproduzo un longo parágrafo:
«Os poemas van e veñen, saltan do home ao cativo, de Bos Aires a Corcubión, navegan cidades que perderon o nome. Desaparecen as balizas e desaparece a orde cronolóxica co seu don de adxudicar sentido: presentación, clímax, desenlace. Toda épica chama a apropiarse do futuro partindo dun relato fundacional, unha ideoloxía , unha estirpe. A fundación que nos mostra Serxio Iglesias nace derramada. A casa abre na realidade as portas para fuxir da miseria e é parte constitutiva desa miseria a incapacidade para se concibir como suxeito histórico. A casa marcha entón sen fardel de exiliado (Seoane, outro fillo de emigrantes coma Serxio, viu aboiar a primeira luz polo río da Prata) e o destino desa aventura soñada fóra da clase e fóra da estirpe consistiu apenas en mudar pobreza por desarraigamento. Lonxe da cociña fumegante, ao outro lado das portas, un neno accede ao mundo e non herda cartogramas, non herda relatos. Só hai un espazo invernal e despois, ou antes, ou agora, breve diálogos de supervivencia que ocupan o lugar da xeneoloxía».
Os poemas de Viaxe ao interior da fenda cumpriron sobradamente coas miñas expectativas lectoras, alicerzadas no primeiro libro de Serxio Iglesias, Métodos para afogar un cisne (Edicións Positivas, 2002). Dos trinta que compoñen o libro, co permiso do autor, reproduzo o cuarto, un diálogo coa diáspora bonaerense que me lembra aqueloutro poema do meu irmán Rafa Vilar intitulado «Porto da Coruña, ano mil novecentos e poucos».
E velaí os evocadores versos de Serxio Iglesias, a quen tamén se pode seguir na súa propia bitácora cartografías ou nas súas Historias Nómades no dixital quepasanacosta.
[catro]
en avellaneda aos noventa anos
ela vivía de fames de migallas de pan branco
balbucía cousieiro vilastose muxía
e tiña o televisor aceso e a luz apagada
a fiestra espida enfocaba un exército
de buscadores de cartón restos de comida
era un exército de soldados bolivianos en avellaneda
aos noventa anos sentada no vello sofá
daquel departamento de cascudas
a vergoña chamou á porta e quedou na casa
sentada ao carón dela para sempre
dentro do placar a vergoña
no freezer baleiro a vergoña
na alcancía a vergoña
ah pero nos cincuenta e pico
a cidade era un frasco de dulce-de-leche
ela bailaba no abc de corcubión
e era verán en mar-del-plata
e eran fotos arredor dunha mesa en branco e negro
e cinzano con fernet e soda
e tango
e chiquilines que xogaban no patio emparrado
e o agoiro do trebón deitou un sorriso diabólico
e foi que a vergoña timbrou entón e para sempre
na negrura de avellaneda o exército do cartón avanza
derrúbanse as tanquetas do tacho do lixo
e comeza a invasión da carne podre
da froita magoada
escuadróns da miseria
exército de soldados altiplanos
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta