Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega nas «VIII Xornadas de Pesca do Pindo» (sábado 29 de xuño)


(Fotografía de Santi Llecha, tirada o pasado martes 25 de xuño na libraría Couceiro. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Continúa a xeira de presentacións do volume Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, editada por Toxosoutos, que tiven a honra e o pracer de coordinar cabo de Francisco “Chisco” Fernández Naval, por encomenda da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
Este sábado, 29 de xuño, ás sete da tarde vaise facer dentro das «VIII Xornadas de Pesca do Pindo» que organiza a Confraría de Pescadores do Pindo, intituladas nesta ocasión «Outro ollar ao mar» e que se desenvolven desde mañá mesmo, venres, ata o domingo. Outro compromiso anterior vaime impedir desta volta acompañar aos camaradas poetas que participen neste acto aberto de presentación.
O pasado martes 25 de xuño, ás oito da tardiña, na compostelá libraría Couceiro presentouse perante un nutrido público, unhas trinta persoas que ateigaron o terceiro andar. Santi Llecha publicou na súa conta de flickr unha galería de imaxes da presentación,, que moito lle agradecemos, como a que reproducimos coa mesa. Nela estamos Francisco “Chisco” Fernández Naval, Merche Díaz Mayán (secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo, en calidade de tesoureira de Monte Pindo Parque Natural), o presidente da entidade conservacionista, Xilberto Caamaño Beiro, e eu propio. As fotos de Santi Llecha tamén recollen as intervencións das e dos poetas que nos acompañaron: Marilar Aleixandre, Xulio Cid Neira, Rosalía Fernández Rial, Lois Oreiro, Olga Patiño e Miguel Vázquez Freire.
(Premer na imaxe para agrandar o tamaño do cartaz das Xornadas)

Esta entrada foi publicada en Fotografía, Poesía, Presentacións. Garda a ligazón permanente.