(Nova da presentación en Cee na edición comarcal en papel de La Voz de Galicia)
Hai xornadas nas que os acontecementos arredor da literatura enchen as horas. Onte, 25 de abril, foi unha delas. De primeiras ao acompañarmos ao noso alumnado a dúas actividades relacionadas co mundo dos libros e organizadas pola nosa colega Asun Carredano, responsable da biblioteca escolar do CPI de Trazo. A primeira foi unha interesante visita guiada (semellante a esta) por todas as instalacións da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, que rematou nun xogo no que as e os estudantes tiveron que procurar información nos catálogos informatizados e achar un mangado de libros. As dimensións do espazo e as múltiples posibilidades que ofrece resultaron do seu agrado.
Non menos interesante resultou a visita á Libraría Couceiro, onde recibiron unha charla explicativa sobre a encadernación e restauración de libros, nomeadamente antigos e vellos, proferia por María Couceiro que os soubo enguedellar a todos, para rematar cun percorrido polas seccións da libraría.
Deseguida, rematada a miña xornada laboral e sen tempo para xantar, houbo que deslocarse até a miña vila de Cee, para participar nunha actividade organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cee. Ás catro da tarde, no salón de actos do Concello de Cee, partillei mesa coas escritoras Concha Blanco e María Canosa para presentarmos ao alumnado dos colexios Eugenio López (público) e Manuela Rial (concertado) algunha das últimas obras da nosa autoría destinadas ao público infantil. María Canosa optou por lles ler O crebanoces, clásico de Ernst Theodor Amadeus Hoffmann, en cuxa adaptación participou xunto ao ilustrador David Pintor. Eu aproveitei para lles facer unha lectura comentada do libro A cobiza do verme Noel, proxectando nunha pantalla as ilustracións de Marta Álvarez Miguéns. Rematou o acto coa intervención de Concha Blanco, que fixo un percorrido polo significado das celebracións do Día Ingternacional da Literatura Infantil e Xuvenil (2 de abril), o Día Mundial do Libro (23 de abril) e o Día das Letras Galegas (17 de maio), antes de lembrar cales foran as súas primeiras lecturas hai ben anos, sempre agasallo das súas mestras, senllas edicións en castelán de El gato con botas e unha biografía para a rapazada de Juana de Arco. E como isto influíu tamén na súa decisión de escribir en lingua galega a súa obra para lle fornecer material ao seu alumnado, desta experiencia habían nacer os seus primeiros libros Contos para a escola (1981) e Cousiñas para a escola (1984).
Non había ser este o último acto, pois pasadas as seis tarde aínda me xuntei co investigador e filólogo baiés Xosé María Rei Lema e co poeta fisterrán Alexandre Nerium para fallarmos o I Certame de poesía sobre os Faros da Costa da Morte que convocou o Seminario de Estudos da Costa da Morte (Semescom), que preside Xosé María Lema Suárez. Non podo desvelar agora os gañadores, até que os faga públicos a entidade convocante, mais si podo dicir que a calidade media foi alta nas tres categorías: escolar, xuvenil e adultos, e tamén que non tivemos moita discusión no xuri, pois concordamos na unanimidade da nosa escolla que axiña será pública.
Xa logo, no tempo de lecer, houbo vagar para a conversa co noso común amigo, o bibliotecario de Cee, Xosé Ramón Rey Senra, todos catro a beremos unhas cervexas con ou sen alcohol, dependendo de se houbese ou non que conducir. Un día moi intendo do punto de vista literario, abofé.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta
Pingback: As crebas » A cobiza do verme Noel, presentación en Cee (II)
Pingback: Cee e Malpica fanse padriños dun libro