O escritor e profesor de filosofía Xosé Ricardo Losada (Rianxo, 1961) publica unha brillante reflexión sobre o urbanismo nas vilas de Cee e Corcubión no blogue Café Barbantia, promovido pola Asociación Cultural Barbantia, da que é socio fundador e secretario.
Autor dun libro de relatos filosóficos intitulado O xene da chuvia (Edicións do Castro, 2005), Xosé Ricardo Losada adoita publicar artigos de fonda análise, entre o que está este texto «O feo será bonito» co que moito concordo e por esa razón deseguida velaí vai, porque a súa reflexión debe ser coñecida por quen coñeza un pouco o desenvolvemento de Cee e Corcubión nas últimas décadas.
O feo será bonito
Publicado o 9 Marzo, 2015 por cafebarbantia
Xosé Ricardo Losada
Guy de Maupassant, o gran escritor francés, foi un dos opositores máis férreos (nunca mellor dito) á torre Eifell, pero un día foi ao restaurante miradoiro desa torre, e un amigo, sorprendido, preguntoulle que facía alí. “É o único sitio de París desde o que non se ve a torre Eifell”, contestou. A min pasoume algo parecido cando fun traballar a un instituto de Cee. Todos os amigos me recomendaban non vivir alí, unha vila fea e feita ás présas, senón na veciña e fermosa vila medieval de Corcubión. Non lles fixen caso. Como son un tipo bastante caseiro, e quería casa con vistas, aluguei un piso na praia da Cuncha, en Cee. Un piso en Cee desde o que non se vía Cee, senón Corcubión. Aínda así, pasei catro anos debatendo cos amigos cal desas dúas vilas era máis bonita. Todo o mundo parecía telo claro, tamén eu, pero, co tempo, comecei a dubidar. Cee tratábame ben e quen me trata ben sempre me parece fermoso.
Iso si. Para xustificarme, aducía outra razón, máis obxectiva. En cuestións de dilemas estéticos gústame ser prudente e respectuoso, dicíalle aos amigos, desde que coñezo un experimento mental que ideou o escritor mexicano Juan Villoro. Se vivise en París no século XIX, di, está seguro que se manifestaría en contra do proxecto da torre Eifell para evitar que un espantallo así matase o espírito da cidade.
Hoxe, sen embargo, parécelle un triunfo da audacia, e acéptao como símbolo de París. Xa que logo, reflexiona, se parece claro que no século XIX fallaría no seu xuízo, quen lle di que non está fallando agora nos seus gustos e opinións? Xa que logo, reflexionaba eu, quen me di a min que dentro de cen anos Cee non será o símbolo estético da Costa da Morte?
De feito, cando aqueles amigos meus tiveron que escoller, anos despois, entre vivir en Noia (equivalente estético de Corcubión) e Bertamiráns (equivalente estético de Cee), escolleron, aínda sendo máis cara, Bertamiráns. Iso que non hai un só piso de Bertamiráns desde o que se vexa Noia. Só se ve Bertamiráns. Os meus amigos dirán: “Normal, en Bertamiráns estamos un cuarto de hora máis cerca de Santiago”. Pero sería unha desculpa pésima. Vivindo en Cee eu tamén estaba un cuarto de hora máis cerca do instituto (ía andando, non teño carné de conducir) e a eles parecíalles unha nimiedade comparado coa “sublime fruición estética” de vivir en Corcubión.
Alén do artigo, deixamos aquí este video da canle youtube realizado por Cambeiro que recolle Fotos Antigas de Cee, as máis delas publicadas no libro Olladas Nostálxicas editado pola Fundación Fernando Blanco.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2025
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Decembro 2024 (1)
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta