O primeiro día deste mes de marzo foise, sen moito ruído como viviu sempre, aos 52 anos un escritor galego pouco coñecido lonxe da súa comarca sarriá ou das terras luguesas. Non creo, ou non coñezo, que se escribisen moitas lembranzas da súa obra e da súa persoa e mesmo non é doado achegar datos biobibliográficos. A Galipedia, esa fonte anónima de coñecementos, sinala brevemente:
Suso López Gaioso, coñecido como Suso do Páramo, nado en Friolfe (O Páramo) en 1962 e finado en Vigo (O Páramo) o 1 de marzo de 2015, foi un escritor e político galego.
Traxectoria
Encabezou a candidatura do BNG para as eleccións municipais no seu concello do Páramo.
Obra
Algo máis que señardade
Sempre no Páramo (2001)
Historias do Alto Minho (2006).
E aí remata a cousa. Peneirando aquí e acolá, sabemos que colaborou coa AGAL (Associaçom Galega da Língua); que da súa primeira obra Algo mais que señardade publicouse unha segunda edición en 2011 e que o libro de poemas e prosas breves Sempre no Páramo (2001) e as Historias do Alto Minho (2006) publicounas a editorial luguesa Scio, D.L., aínda que supoñemos que tan só as imprimiu e que foron edicións de autor.
A lembranza máis persoal de Suso do Páramo atopeina en cabaretvoltaire, a bitácora do escritor e xornalista Santiago Jaureguizar, que o 5 de marzo escribiu a seguinte anotación:
CON SUSO DO PÁRAMO, NO ALASKA. SEGUIDO DUN ADEUS
Suso do Páramo e máis eu estivemos tomando un café no Alaska, na rúa de San Pedro. Faloume un catálogo das árbores de Friolfe, fíxome un inventario dos regatos de Friolfe, dos cultivos do tempo san en Friolfe. Eu imaxinaba reservando a miña ignorancia labrega. Suso era delgado, o seu corpo inclinábase lixeiramente buscando unha comodidade que nunca lle consentiu a vida e levaba melena, procurando unha femineidade coa que lle marchara o nacemento. Pero era femenino nos dedos longos como o cansanzo e nas unllas atrevidamente felinas para o ambiente rural de almorzar tinto con ovo batido do que procedía. Suso vivía en Friolfe, a sua parroquia, aínda que botase o máis tempo en Lugo; Suso era Suzana, ainda que os seus documentos o castrasen como Jesús López. Suso morreu hai uns días. Fixérame chegar unha nota cativa e de letra incerta coma as que pasaban os presos ás familias entre os barrotes dos cárceres vellos. Anunciaba sen quebra que estaba a morrer; pedía, sen pedir, unha visita. Andei buscando un burato de tempo; unha hora, nada máis lle pedía a todas as cousas que Doña Importancia me ía impoñendo. Onte vin a fotografía no periódico. Morreu en Friolfe, dicían. Claro, Suso, onde habías morrer?
Santiago Jaureguizar lembra nesta agarimosa evocación sobre todo a personalidade de Suso do Páramo, que amaba e defendía o rural labrego e que vivía con dificultades a súa transexualidade.
Non tiven eu ocasión de tratar persoalmente a Suso López Gaioso, porén si que o lembro en actos literarios na Compostela de finais dos oitenta e tamén en moitas manifestacións políticas do nacionalismo de esquerda, mais a derradeira vez que debemos coincidir debeu ser no soterramento do meu amigo e camarada o psiquiatra Ramom Muntxaraz falecido en xullo de 2008.
Suso do Páramo mantivo unha páxina web persoal (friolfe.com) que, por fortuna, aínda se pode atopar na rede para lermos as súas anotacións etnográficas, literarias, políticas… e de moitas outras temáticas. Delas rescato a penas tres textos, precisamente o que lle dedicou a Ramom Muntxaraz (xullo de 2008); un no que fala de literatura intitulado «O regueiro do Redondo» e o derradeiro que publicou «Tiros en Friólfe» publicado o xoves, 16 de outubro de 2014.
E, finalmente, engado un dos seus poemas «Viviremos na Floresta» que se publicou nas páxinas de Xistral. Revista Lucense de Creación Poética (Nº 17, primavera de 2014) e que pode ler tamén baixando un pdf.
Que a terra che sexa leve, Suso López Gaioso, Suso do Páramo.
(Publicado o xoves, 17 de julho de 2008)
Ramom Muntxaraz, vizinho de Friolfe
O dia um de Julho teve a triste oportunidade de assistir ao enterro de Ramom Muntxaraz, galego nascido em Toledo com os primeiros recordos na Puebla de Montalbam e descendente de vascos. Mas, como se dixo alí, Ramom Muntxaraz era um galego de toda a Galiza, e pelo tanto de Friólfe, que sempre recordava com funda saudade.
Durante algum tempo, Ramom Muntxaraz atendeu como psiquiatra aos doentes mentais do Páramo, mas nom é isto o que o vincula principalmente ao Páramo, e sobretudo a Friólfe, onde a sua participaçom política, social e cultural deixou forte pegada, principalmente arredor da Agrupaçom Cultural Lume Novo, onde partilhou com o Manolo da Cal, símbolo do associacionismo no Páramo e morto também jovem.
Os tempos de vinculaçom física do Ramom Muntxaraz a Friolfe eram distintos dos actuais, pois ainda era uma freguesia povoada, luitando pela modernizaçom da agricultura, que afinal foi mais negativa que positiva, e por desgraça o futuro apresenta-se muito pior que o passado porque o que move tudo é a alienaçom, contra a que o Muntxaraz tanto luitou, e nom só como psiquiatra.
Entre as coisas que o Ramom Muntxaraz deixa sem fazer, mas que outra gente poderá fazer, está uma viage a Friólfe da que falaramos nom há muito, e na que sem dúvida entrariamos na freguesia pela estrada na que há o caseto de referência, que está caindo, como simbolo da decadência.
Para mim e para mais gente, Ramom Muntxaraz será sempre un vizinho de Friólfe.
Suso L. Gaioso
(Publicado o xoves, 18 de setembro de 2008)
O regueiro do Redondo
Uma pessoa -crêio que exagerando- dixo do meu livro Historias do Alto Minho que era demasiado masculino para sêr duma transexual. E evidente que a maioria do que aí relato tem por protagonistas homes, singelamente porque nesses mundos a vida social era bem maioritariamente masculina. Quiçá deve-se reflectir o mundo das espalhadoiras das malhas e das mulheres que se juntavam arredor do regueiro a lavar… e quiçá nom o fixem por respeto, dado que esse mundo femenino do rural esteve submetido à infravaloraçom, marginaçom e tergiversaçom.
A minha vinculaçom à vida social femenina na minha aldeia nada melhor a pôde reflectir que quando ia lavar roupa com a minha mãe ao Regueiro do Redondo, que nom era um regueiro senom um lavadoiro numa canle de cristalinas augas que saindo do Regueiro da Varja regavam o prado de Vilaminho outrora propriedade da casa do Redondo.
Para ir ao lavadoiro havia dois caminhos de a pé, dependendo de se era da aldeia de Sizo ou do lugar de Seoane, e junto do lavadoiro havia duas pontes, uma para ir á fonte e ao lavadoiro e outra mais grande pela que só passavam os de Vilaminho para o prado. E todo isto produze-me saudade, porque hoje nom o há, mas também nom há a rã roxa, nem os câdavos crias dela e de outros anfibios, nem ninfas de cabalinho do demo, todos depredadores de pragas. Menos mal que às vezes aparesce algum corvo cabreado.
Suso L. Gaioso
(Publicado o xoves, 16 de outubro de 2014)
TIROS EM FRIÓLFE
Friólfe sempre teve sona por ouvir-se tiros pela noite, ao que contribuia em boa parte que tem muito monte e a abundância de caça noutros tempos.
Hogano os tiros que se ouvem de noite, e de dia, nom proceden de actividades clandestinas senon de trevelhos alimentados por bombonas de butano, cuja missom é expantar aos paxaros dos cultivos, o qual fia perigar a sua sobrevivença e que proliferem as pragas sobre umas plantas nas que se nota bastante a falta dos polinizadores.
Afortunadamente, alguma gente nom está embrutecida, e voltaram-se vêr ferreirinhos entre os fatoeiros.
Suso L. Gaioso
VIVIREMOS NA FLORESTA
Viviremos na floresta
rodeadas de animais
que reciclarán o lixo
mais non irán á despensa;
teremos a nosa cama
xunto dos nobres carballos,
quentaranos a lareira
que faremos de arxila;
queimaremos xestas, uces,
toxos e tamén carqueixas.
Coidaremos os coellos,
as galiñas e as ovellas.
Os abellóns andarán
á beira da nosa casa
e polinizarán todo
canto rodee o lar noso.
Iremos da biblioteca
para a alcoba e a cociña.
E cando chova ben forte
andaremos baixo as pólas,
anfitrioas de animais
que fuxindo da humidade
e guiados polo cheiro
que sae da comida quente
pasarán días con nós.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta