A bitácora Fervenzas Literarias lembra que tal día coma hoxe finaba en 1945 en Compostela o académico e poeta Samuel Eiján, aínda que outras páxinas como Por Un Ribeiro poético falan da data do 14 de decembro dese mesmo ano. O seu discurso de ingreso na RAG pódese ler premendo no seu título Ideas literarias del Padre Feijóo, pronunciado en castelán como adoito na época.
Na súa lembranza recupero unha lectura da súa obra D’a-y-alma. Versos gallegos, que fixen por volta do ano 2000 cando estaba a traballar como bolseiro de investigación (rematada a carreira de Filoloxía Galego-Portuguesa) no proxecto do Dicionario da Literatura Galega, que publicou Galaxia, coa coordinación da crítica e profesora de Literatura Galega na USC Dolores Vilavedra.
Na altura traballei nas fichas dos volumes II. Publicacións periódicas (1997) e III. Obras (2000). Neste último volume a ficha sobre a obra poética de Samuel Eiján é da miña autoría e, como xa dixen noutras ocasións, por decisión editorial, que eu moito non comparto, as fichas non van asinadas polo autor da entrada de xeito que cada quen puidese responsabilizarse do texto que se publicou. Velaquí a miña achega.
D’a-y-alma. Versos gallegos. SAMUEL EIJÁN
A obra en galego do franciscano P. Samuel Eiján redúcese a unha novela bilingüe de escaso interese e aos libros de poemas: Mágoas. Versos gallegos (1902, cunha 2ª edición corrixida e aumentada de 1913), D’a-y-alma. Versos gallegos (1915) e Froliñas de San Francisco. Romanceiro seráfico-galicián (1926). Aínda que todos tres teñen como trazo común a súa temática relixiosa, a crítica coincide en sinalar o segundo como a obra de máis interese na traxectoria lírica do autor.
A primeira e única edición de D’a-y-alma. Versos gallegos imprímese no prelo da Tipografía de El Eco Franciscano en 1915, baixo a obrigada licencia eclesiástica. E bardante deste ámbito tivo escasa repercusión, moito menor da obtida polos volumes que conteñen as súas narracións e lendas de Oriente, os seus dramas ou os seus estudios sobre o franciscanismo, todos en castelán e a maioría reeditados. Despois da súa morte, en decembro de 1945, apareceron varios artigos biobibliográficos que incluían unha breve valoración sobre a súa poesía. Entre eles destaca o asinado polo frade franciscano José Campelo no BRAG, que fala do delicado dos seus sentimentos, da elevación do seu ton, froito da exuberancia imaxinativa, e da facilidade e fluidez da súa versificación. Posteriormente, e tamén con brevidade, será CF o que avalie a súa obra literaria, sinalando que tiña unha finalidade proselitista ou misional, ao relegar a propia escrita a un lugar secundario en favor do seu propósito evanxelizador e de propaganda relixiosa.
Nin sequera Fernández del Riego chega a incluír a Eiján na súa ampla Escolma de Poesía Galega e, de novo, será no monumental estudio historiográfico da nosa literatura de Carballo Calero onde atopemos a análise máis profunda. Nas dúas páxinas, inseridas no capítulo dos “Epígonos” (autores que continuaron sen ningunha achega esencial a obra dos mestres do século XIX), saliéntase que as súas principais fontes de inspiración son a relixión e a terra.
Ademais, CC cre que D’a-y-alma. Versos gallegos significa un progreso e que amosa a un bo versificador. Destaca os textos “Meu Anxo”, que nalgúns aspectos sería a versión divina do “Negra sombra” rosaliano, e “Terra santa” con máis reflexións morais que lembranzas persoais da súa estadía en Xerusalén. Tamén serían de interese as versións galegas dos poemas “A caridá”, “Cantiga de amor” e “A reina de Cataluña” de Mosén Jacinto Verdaguer, todos tres poemas relixiosos malia os títulos, especialmente o último dedicado á Virxe de Monserrat. Engade CC que os seus versos desbordan unha incurable melancolía, porque hai neles moita tristeza e moito pesimismo respecto aos bens materiais, nunha actitude ascética que tería como trazo literario a expresión das coitas da alma cristiana en loita pola perfección. Neste senso, aínda sendo continuadora da poesía mística de Saco y Arce ou de Barcia Caballero, os versos de Eiján supoñen a plenitude da nosa poesía relixiosa.
En efecto, a maioría dos 54 poemas que compoñen este libro poden cualificarse de relixiosos. Ora ben, esta temática xeral ofrece diversos matices, mesmo nas súas invocacións a Deus, pois unhas serven para pedir perdón, outras para o diálogo sobre a vida e outras para ofrecerlle o seu canto como creador ou como xuíz xusto e supremo no xuízo final. A propia revelación divina, a descuberta da vocación e a súa conversión protagonizan unha parte dos textos, caracterizados polo seu proselitismo espiritual e polo presencia da alma como interiorización do eu poético.
Moitos deles expresan tamén as dúbidas existenciais e a dor, a tristura e o pranto fronte ás coitas da vida terreal, que só atoparán solución no reino de Deus. Aínda que “Meu anxo” reflicte o envío deste ser celestial como protección perante a dor, as máis das veces está presente a vella idea romántica da morte como liberación, porque a vida é un cárcere, así ocorre en “Libertadora”, onde aparece a morte como redentora na posterior resurrección no eterno reino de Deus, en “Cuna e tumba” que enfronta neno / vello, identificando o berce como primeira prisión e a sepultura como antesala do edén. E tamén en “¡Volta a sofrir!”, en “Lux in tenebris” ou no explícito “Morte santa”. Completan este grupo, poemas que inclúen preguntas a si propio sobre a felicidade, que critican os excesos mundanos ou o particular diálogo cunha nena feliz sobre a vida e o futuro de dor que a agarda en “A cencia d’as bágoas”. En ocasións, a vida é unha barca a loitar coa tempestade e a voz poética invoca a Deus en petición de axuda, como sucede en “Antre as olas”. En “Aspiraciós” o home é considerado inferior aos foguetes, os paxaros, as estrelas ou o sol que poden estar máis preto de Deus. E non falta a metapoesía en “Veña a lira…”, onde se fala da súa utilidade para cantar as mágoas. Pola contra, son moi poucos os versos que se rebelan contra a dor.
Tamén conteñen referencias relixiosas outros poemas como “Terra santa”, un canto a Xerusalén –que Eiján coñecía ben por vivir alí varios anos, de feito sobrancean os topónimos hebreos– onde glosa pasaxes da paixón e fala do nacemento da igrexa. Son varios os textos que conteñen paráfrases de episodios bíblicos, reflexións sobre a propia igrexa ou a misa como homenaxe a Deus, mesmo “A casa parroquial” da aldea aparece representada como filla da igrexa. No poema “Alter Christus” glosa a figura de San Francisco, anticipándose ao contido do seu terceiro poemario en galego Froliñas de San Francisco. Romanceiro seráfico-galicián (1926) e noutros está moi presente a vivencia franciscana da natureza, como indican a contemplación de “N’o cume” e os títulos “A frol”, “O torrente”, “O piñeiro” ou “O mar”. Tampouco faltan as ofrendas á Virxe, nomeadamente en “Collendo froles”, que xa viamos nas versións de Verdaguer. Máis puntuais son aqueles nos que expresa dor pola morte da súa nai e da nai dun amigo durante a pascua, o soneto “As tres Nais” escrito na consagración episcopal de Eijo ou o romance “D’outros tempos (Compostelana)” sobre as pelegrinaxes.
De especial relevancia son os textos nos que se enfronta a aquel pasado xuvenil, zugando meles, co presente dorido que sangra feles. Son constantes as referencias ao pasado e á infancia como tempos de felicidade que se converten en flores murchas perante o outono da existencia. De feito, o paso do tempo inspira o soneto “O reló y-o tempo”, unha magnífica recreación do tópico tempus fugit. En menor proporción, os seus versos tamén falan da solidariedade cos pobres, inherente ao seu franciscanismo, amosando unha certa veta de denuncia. Así, “N’a estación” describe a chegada do tren co contraste entre pobres e ricos e o poema final, intitulado “Pensando n’a pátrea”, describe o edén do paraíso divino “onde os probes son ricos, y-os servos señores”.
Mención á parte merecen “Triste sorte”, que relata a fachenda daquel emigrante retornado que dilapida todo ata converterse en mendicante, o retrato persoal de “O rianxeiro” ou a descrición dos efectos da tormenta e da calma sobre o río en “Veira d’o Avia”, comarca que o frade coñece cando é destinado como superior da residencia franciscana de Ribadavia, así como a homenaxe histórica do poema “O Batallón Literario”. Como curiosidade final hai que sinalar que varios poemas teñen o título en latín, que naquela altura aínda era o idioma da igrexa.
No tocante ao repertorio métrico, Eiján demostra o seu perfecto coñecemento das regras de versificación, malia algún erro de medida, mesturando metros populares como o octosílabo das cuartetas tiranas, das décimas e dos romances ou os hexasílabos e os heptasílabos dos romancillos, con series de decasílabos e hendecasílabos brancos ou en pareados, cuartetos, serventesios, quintetos, octavas rimas ou reais* e sonetos. En moitas ocasións, como na combinación de decasílabos con hexasílabos, pentasílabos e tetrasílabos, na aparición de hexadecasílabos ou tridecasílabos ou nas setinas* do poema “¡Sube arriba!”, segue a Rosalía de Castro.
Tampouco hai nada de novidoso na súa estilística, tanto é así que Freijomil consideraba que era escritor de pluma fácil e que a penas necesitaba pulir o estilo. Atopamos as habituais recorrencias, anáforas, preguntas retóricas e quiasmos, estructuras bimembres, algúns paralelismos e moitos lugares comúns románticos nas imaxes, aínda que chama a atención algunha imaxe animista sorprendente na súa época.
En opinión de CC, a súa lingua é bastante arbitraria, tanto na morfoloxía como na sintaxe. De feito, incorre sempre na mala colocación do pronome en cláusulas subordinadas, aparecendo enclítico cando debera ir proclítico. Polo demais, non se afasta das peculiaridades lingüísticas dos poetas do rexurdimento.
BIBLIOGRAFÍA
Cfr. CC, CF
Campelo, Fr. J., “Letras de duelo. El P. Samuel Eiján Lorenzo”, BRAG, ano XL, tomo XXIV, nº 285-288, A Coruña, decembro, 1945.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta