Unha entrevista realizada por Noelia Casas, Silvia Criado e Nazaret Fernández; alumnas da Facultade de Filoloxía da UDC


Hai pouco máis dun mes a miña ex-alumna no CPI Viaño Pequeno (Trazo) Noelia Casas García combinou comigo para me facer unha entrevista para un traballo de aula para a materia de Lingua e Literatura que dispensa na UDC a profesora e ensaísta Cilha Lourenço.
E pouco despois Noelia dispoñibilizou a entrevista de media hora de duración e con algúns problemas de son, xa que foi gravada na biblioteca do noso centro un día de forte temporal de inverno.
Agradézolle moito a Noelia e ás súas compañeiras Silvia e Nazaret o interese amosado para focalizar o seu obxectivo de traballo falando da miña obra literaria, que ía ser o contido previsto, aínda que logo a entrevista derivou moito máis arredor da cuestión da lingua.
O video, que se pode ollar na canle de youtube, foi publicado por Noelia Casas García o pasado día 7 de decembro de 2017, con esta entrada:
Entrevista realizada por Noelia Casas, Silvia Criado e Nazaret Fernández; alumnas da Facultade de Filoloxía da Universidade d’A Coruña ao escritor e profesor de Lingua Galega e Literatura Miro Villar.
Este proxecto está focado a coñecer a situación presente, pasada e incluso futura da lingua galega desde o punto de vista de un profesor do Ensino Medio, que ademais conta cunha ampla traxectoria no panorama de escritores e escritoras da Galiza, como é neste caso Miro Villar (Pódese consultar o seu blogue en: crebas.gal).
Agradecémoslle enormememente o seu tempo e as súas palabras.
Entrevistadora: Noelia Casas.
Edición: Silvia Criado.

Esta entrada foi publicada en Entrevistas, Lingua, Poesía. Garda a ligazón permanente.