Ao fío da fermosa homenaxe escolar celebrada hoxe na Ínsua dos Poetas, baixo o encabezamento «Centenario de Pura Vázquez: pioneira da literatura infantil, mestra exemplar», que argallou o poeta Luís González Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia, aproveito para dar a coñecer unha carta que a poeta Pura Vázquez dirixiu ao Batallón Literario da Costa da Morte e que está datada hai vinte anos, concretamente o 9 de abril de 1998.
A motivación da epístola viña dada polo seu agradecemento por participarmos cos nosos versos nunha homenaxe que se lle fixera en Ourense naquelas datas e que organizara o inesquecible e chorado amigo Marcos Valcárcel, verdadeira alma mater do acontecer cultural na cidade das Burgas.
Velaquí anverso e reverso daquel texto fermoso.