(Cabeça. Fotografías realizadas con dispositivo móbil. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
A celebración da hispanidade, de cheiro e raizame franquista, aínda que daquela se chamase «de la Raza», na que se conmemora o xenocidio dos pobos amerindios, foiche unha boa escusa para viaxarmos e tamén mergullármonos tres días na portuguesa Serra da Estrela, malia o adverso tempo metereolóxico desas datas.
Na mañá do sábado 10 fixemos o longo percorrido por estrada (maiormente por autovías que agora son de «portagem») e antes de subirmos cara ás primeiras encostas da Serra da Estrela demoramos a xantar (almoçar), porque lle cadrou, xa que non tiñamos prevista esta paraxe, na vila de Nelas, onde a biblioteca leva o nome do escritor António Lobo Antunes, mais a improvisación aliouse desta volta connosco e estivo ben gorentosa e a un prezo económico a comida que nos serviron no restaurante O Brazão, que eu reguei con vinho do Dão, que é o propio desta zona.
A primeira hora da tarde chegamos á cidade de Seia, onde se atopa o Centro de Interpretação da Serra da Estrela (CISE). Esta vila decepcionou un pouco as nosas expectativas, malia os seus museos do brinquedo, do pão ou da electricidade. Trátase dunha poboación de media montaña que está moi focalizada en recibir turistas e visitantes, mais centrada sobre todo nas persoas que sintan predilección polas actividades relacionadas cos deportes de inverno e polo esquí en particular. Nós optamos por un paseo até a igrexa matriz, situada nun outeiro e con certo interese histórico. E o mellor estivo no propio CISE, onde unha das persoas que alí traballan deunos cumprida e moi útil información para planificar os dous días seguintes, facéndonos sobre un mapa os posibles roteiros e salientando os lugares de maior interese histórico, aínda que a todos non se puido dar chegado.
E aínda demos aproveitado o que restaba da tarde para coller a sinuosa estrada de montaña que leva até a vila histórica de Loriga. O guía falara de facer paradiña no santuario de Nosa Señora do Desterro, que finalmente desbotamos, e aconsellara un pequeno desvío até Cabeça onde nos recomendaba facer un percurso. Así o fixemos, desde esta pequena aldea atopamos dous roteiros ben sinalizados, un até Loriga e outro até Vide, mais houbo que escoller un pequeno roteiro circular que baixa desde a aldea até o río, transcorre á súa beira e cruza un pequeno lugar de casas abandonadas, antes de entrar de novo na aldea pola parte traseira. Foi o que fixemos (imaxes superiores) e abofé que paga a pena.
Antes da noitiña aínda houbo tempo de coller o coche para nos achegar até Loriga, que ten restos da súa época romana e pouco máis que unha paisaxe envolvente. Non houbo tempo para moito máis nesta primeira xornada e chegamos cansos até a localidade de Gouveia onde alugaramos para eses días un cuarto na Casinha do Beco, a través dunha desas plataformas que permiten o aloxamento en casas familiares. Cadrou que estivemos sozinhos e ben atendidos por Ernestina, unha veciña da propietaria que reside en Lisboa e que se encargaba de nos fornecer mesmo o pan para o pequeno almoço, uns boliños de pan branco e inchado que moito non foron do noso agrado, mais iso era o de menos, xa que a casa resultou acolledora e confortable.
Ao día seguinte o tempo metereolóxico foi moito a peor, néboas e chuvia, mais non foi impedimento para facermos unha longa xeira seguindo as indicacións que tiñamos recollido en Seia. Por estradas de alta montaña, mais ben acondicionadas para o tránsito, a nosa primeira estación foi Sabugueiro, que se gaba nun indicador de ser «a aldeia mais alta de Portugal» aínda que non o é, unha localidade que ten como case único interese unha chea de lojas a venderen produtos da Serra da Estrela. Caemos na tentación e alí mercamos uns ben saborosos queixos, mestura de cabra e ovella, e unhas prendas de abrigo.
Continuando a ascensión detivémonos na Lagoa Comprida, un antigo glaciar que hoxe é tamén o encoro máis alto de Portugal. Desafiamos á chuvia e á néboa cun breve percurso pola contorna, mais a visibilidade nesa hora era nula e decidimos continuar a nosa viaxe, que se tornou moito máis complicada ao pechar a borraxeira e ao se tratar de estradas de alta montaña, moi estreitas e con moitas curvas. Con vagar chegamos á capital da Serra, a cidade de Covilhã, mais a persistente chuvia imposibilitou que a coñecesemos algo mellor. Na nosa andaina descubrimos unha taberna perto da cámara municipal e das rúas históricas nas que o día anterior se celebrou un mercado da cherovia e nesa taberna puidemos gustar pratos cociñados con ese tubérculo, descoñecido para nós, de sabor doce, que ten certa semellanza coa cenoura, pois é da súa familia, e que se produce na contorna. Resultou moi ben a mantenza.
Pola tarde achegámonos a outra poboación importante, Belmonte, que agradece un paseo polas súas rúas históricas e polo seu castelo encravado no outeiro, que inclúe un interesante museo histórico con entrada de balde. A vila tamén ten algúns edificios xudaicos e un museo desta relixión que desbotamos, xa que a nosa seguinte estación era outra aldeia histórica, Sortelha, onde hai unha impresionante fortaleza desde a que se divisa todo o Vale de Riba-Côa e que alberga unha pequena poboación no seu interior, aínda que a día de hoxe xa só se habita circunstancialmente por turistas e visitantes. Foi unha das sorpresas máis agradables da nosa andaina e iso que estivemos a piques de a deixar atrás porque tiñamos moito camiño que andar aínda.
De Sortelha seguimos outra estrada de montaña ben acondicionada para regresar a Gouveia atravesando a Serra por outro lugar e a media tarde chegamos até a vila de Manteigas, que medra nas abas, o que fai que calquera camiñada requira superar as inevitables encostas. O máis interesante, e que a chuvia nos fixo desbotar, seica está nas súas caldas e en dous lugares non moi distantes: O Vale glaciário do Zêzere e o Poço do Inferno. A noitiña botábase enriba e aínda había que cruzar a Serra por unha estrada que en moitas das súas curvas se convertía nunha impresionante atalaia sobre a paisaxe arborada, non coma a zona que visitamos o primeiro día, arrasada polos incendios, que tamén son unha praga en Portugal.
E o último día, deixamos Gouveia e tamén fomos deixando atrás o parque natural da Serra da Estrela, mais aínda houbo tampo para visitarmos nese concelho outra aldeia histórica ben bonita, Folgosinho, e xa no concelho de Celorico da Beira, outra moito máis fermosa aínda. de nome Linhares (imaxes inferiores), que percorremos, e esta última tamén conta con oficina de información para visitantes.
Xa de regreso, e fóra do perímetro da Serra da Estrela, aínda escollemos para xantar e camiñar outra aldeia histórica, aínda que moito máis vila, Trancoso, que xa son terras da nosa Dona Urraca, porén o castelo e o seu museo estaban pechados por se tratar da segunda feira. Aínda así, o obxectivo estaba xa cumprido e de volta nas nosas retinas trouxemos unha excelente panorámica da Serra da Estrela e de moitas das aldeias históricas desta contorna, pois outras xa nos eran coñecidas dunha anterior viaxe, lugares que ben merecen outra visita e novas descubertas. Será ou non será?
(Linhares. Fotografías realizadas con dispositivo móbil. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta