(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
O almanaque está cheo de días que conmemoran algo e mesmo hai datas que teñen múltiplas conmemoracións asociadas. Hoxe, 27 de xaneiro, a UNESCO promove o Día Internacional de Conmemoración Anual en Memoria das Vítimas do Holocausto. Do seu sitio web traduzo para a nosa lingua os seguintes parágrafos:
«A UNESCO conmemora o xenocidio perpetrado contra o pobo xudeu e outros crimes do nazismo, e reafirma o seu compromiso de promover a educación relativa á historia do Holocausto e de loitar contra o racismo e o antisemitismo.
Neste ano, o Día Internacional ten por tema “Das palabras ao xenocidio: a propaganda antisemita e o Holocausto”.
(A prevención do xenocidio comeza nos pupitres do colexio…. A educación pode contribuír á prevención do discurso do odio e socavar os prexuízos, ao debilitar os piares da ignorancia, promover a aprendizaxe da convivencia e fomentar o respecto cara a todas as persoas… Nun mundo onde o “local” está separado do “mundial” apenas pola pulsación dunha tecla, necesitamos un compromiso renovado no tocante ao diálogo, a tolerancia, a reconciliación e a comprensión, tanto en Internet como fóra dela.
Irina Bokova, Secretaria Xeral da Unesco. A educación como estratexia da prevención do xenocidio. Evento Ministerial Paralelo da Asamblea Xeral das Nacións Unidas, 27 de setembro de 2015)
O réxime nazi utilizou o poder dos medios masivos de comunicación para encirrar o racismo e demonizar os grupos que consideraba “razas inferiores”, coa fin de lograr o seu obxectivo radical de dominar Europa e destruír o pobo xudeu. No noso mundo, caracterizado pola interconexión, o mortífero potencial da propaganda aínda está presente, nun marco de tensiónss sectarias, terrorismo e persecución de minorías étnicas, relixiosas ou políticas. Por medio de actos públicos e de exposicións históricas, este Día Internacional pon de relevo as vías que poden conducir das expresións verbais de odio ás políticas violentas, e trata de sensibilizar a población verbo da necesidade fundamental de se opoñer ao poder nocivo da propaganda e de promover a educación baseada nos dereitos humanos, que pode contribuír a que a mocidade adquira as competencias fundamentais para desenvolver o pensamento».
Como xa teño lembrado aquí, o holocausto tamén inspirou un poema da miña autoría intitulado «O avance da locomotora» que só está publicado na colectánea 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (Xerais, 2001), libro de homenaxe preparado polo profesor Xesús Alonso Montero como contribución ás actividades literarias do I Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu tempo. Ese poema foi lido no coruñés Teatro Rosalía de Castro o 16 de setembro dese ano 2001, no mesmo teatro onde o noso gran poeta foi coroado o 21 de outubro de 1904.
Deseguida reproduzo o soneto inspirado nos campos de exterminio nazis, salientando que aló non morreron só xudeus, senón tamén comunistas, homosexuais ou xitanos.
O AVANCE DA LOCOMOTORA
Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!
Curros Enríquez
Máquinas rotativas ben impreso
deixaron o balor dun tempo mouco,
que faría inaudible, xordo e rouco
un estertor de bágoas, lume aceso.
E a máquina da luz e do progreso
en mans do ser humano, pouco a pouco,
converteuse en bourante motor louco
que nos cubriu dun fume negro espeso.
Tras as locomotoras a Trebinkla,
Auschwitz-Birkenau, Chlemno, Sobibor,
Belzec ou outros nomes do terror,
ninguén sorrí, ningún dos nenos brinca
e ollos de comunistas, de xitanos,
de xudeus, xa non poden mollar panos.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Altri NON
- Mensaxe de Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO,co do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2025 (Versión galega)
- Adeus a Bernardino Graña, profeta do mar
- Presentación de “Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina” o sábado 18 de febreiro, ás 11:30 no Museo do Pobo Galego
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2025
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Marzo 2025 (2)
- Xaneiro 2025 (2)
- Decembro 2024 (1)
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta