Polos camiños de Leiras from DwightFry on Vimeo.
(Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Na tarde do pasado sábado fixemos un percorrido por boa parte do interesante e literario «Roteiro Leiras Pulpeiro» en Mondoñedo, un día antes de que se celebrase unha visita guiada polo mesmo na que non puidemos estar. Como o seu nome indica, o roteiro visualiza moitos espazos da vila mindoniense e da súa contorna máis próxima que teñen relación coa biografía do poeta republicano e masón, Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo, 25 de outubro de 1854 – 9 de novembro de 1912). Un percorrido con moitas posibilidades educativas, como esta experiencia do IES Perdouro de Burela.
Este roteiro literario naceu a raíz dunhas xornadas sobre a obra do escritor organizadas polo Concello de Mondoñedo en novembro de 2012 e foi deseñado e proxectado pola Asociación «Abrindo Camiño» e polo Grupo Literario Leiras Pulpeiro.
O seu itinerario, non moi longo e sen dificultades orográficas (de quitado dun breve traxecto ao pé da estrada) ten dúas trazas, unha urbana e a outra rural, nos que se sitúan máis dunha ducia de paneis descritivos en lugares de interese na biografía ou na obra de Leiras Pulpeiro.
A traza urbana pola aínda fermosa (malia as ducias de casas en ruína) vila mindoniense principia no Centro Cultural da Alcántara, percorre varias das casas onde viviu Leiras Pulpeiro, na rúa que leva o seu nome, transcorre pola Antiga Sociedade de Obreiros (actual Casa da Xuventude), visita a casa natal na Rúa Febreiro, a monumental Praza da Catedral e o Seminario de Santa Catalina antes de deixarmos a vila através da rúa da Ponte e da rúa do Camiño Norte cara ao Barrio de San Lázaro.
A seguir un tramo de asfalto (prescindible) até chegarmos a un carreiro, ben sinalizado, que nos leva a cruzar pola Ponte dos Carabullos até A Fervenza, onde na súa cimeira hai na actualidade unha bullangueira área de lecer. Proseguimos cara ao lugar denominado O Mazo, xa na zona d’A Recadieira, onde poderemos repoñer forzas na súa fonte de augas sulfurosas, que aparece nos versos de Leiras Pulpeiro, como se pode ler no panel descritivo. E decontado unha breve e costenta ascensión até o Castro da Recadieira, sen escavar, mais que deixa contemplar a impresionante Pena do Unto (tamén nos versos de Leiras Pulpeiro) e descansar nunha paraxe onde malfadadamente as sombras veñen dadas por enormes eucaliptos. Finalmente, desde aquí realízase o regreso até a vila Mondoñedo percorrendo outra volta o Barrio de San Lázaro, para rematar se quixermos no Cemiterio Vello onde unha campa na nosa lingua acolle as cinzas do escritor mindoniense.
Na Oficina de Turismo do Concello de Mondoñedo facilitan un díptico, como o que reproduzo nas imaxes superiores. Tamén podemos consultar en Wikiloc todo o percorrido ou descargar de balde unha audioguía, que nós só atopamos en castelán, madía leva!
A brevidade da camiñada permitará, como nos sucedeu a nós, realizar este percorrido en calquera visita a Mondoñedo que tamén é a vila de Álvaro Cunqueiro (hai un fermoso percorrido urbano e ben sinalizado para realizar), de Antonio Noriega Varela, de Eduardo Lence-Santar ou de Pascual Veiga Iglesias, entre outros autores sobranceiros vencellados a estas terras.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta