Un novo documental sobre Man, o alemán de Camelle


Brétemas, do editor Manuel Bragado, é unha das bitácoras que sigo a miúdo. Alén de moita información cultural e literaria (e das crónicas celtiñas, que leo porque desde neno son do Celta de Vigo), sempre atopo nela cousas de interese. A última é este documental de Orestes Pérez sobre Man, o alemán de Camelle, e que case vén a coincidir no tempo co aniversario do seu pasamento. Tal e como sinala Bragado “a partir do minuto 7:30 incursiona no mundo do alemán de Camelle”. Na canle youtube aparece esta presentación do autor: «En una viaje a Galicia el año 1986, visitamos “A Costa da morte”, recorriendo sus aldeas, admirando sus monumentos y nada menos que conseguimos mover la gran piedra “a pedra d’avalar” frente a la Iglesia da Virxen da Barca en Camariñas. Tambien visitamos Camelle, mejor dicho, tuvimos la fortuna de ser recibidos por MAN, el anacoreta que da nombre a este reportaje». Para nós é obvio que a pedra de Abalar e a Virxe da Barca están en Muxía, mais pequenos erros coma este non embazan a calidade desta reportaxe documental con imaxes inéditas tamén de lugares como o espléndido mosteiro de Moraime.

Esta entrada foi publicada en Cinema, Documental, Fotografía, Historia. Garda a ligazón permanente.