(Trailer do documental 100% CEF, dirixido por Aser Álvarez, que se estrea esta noite na TVG)
Este doce do mes doce do ano doce está a se celebrar (nomeadamente ao mediodía) unha actividade expansiva para conmemorarmos o centenario do nacemento do poeta Celso Emilio Ferreiro.
Nesta bitácora o seu nome foi protagonista de varias anotacións, das que deseguida recupero tres: a primeira fala dun acto organizado polo PEN Clube de Galicia o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía; a segunda recolle a crónica da presentación do monográfico Celso Emilio fai 100 anos, que editou a asociación Arraianos que preside Aser Álvarez o pasado 26 de Xaneiro na Libraría Couceiro e a terceira fai lembranza da data do 4 de xaneiro do 2012, o dís do centenario do nacemento do poeta celanovés
O PEN Clube de Galicia organizou para esta tarde un acto de conmemoración do Día Mundial da Poesía no que non poderei estar por circunstancias familiares. Porén participei na elaboración do programa e na escolla do poema «A poesía é verdade» de Celso Emilio Ferreiro que acompaña o díptico e que reproducimos ao remate desta anotación.
O acto vai decorrer no Centro Cultural da Deputación de Ourense, hoxe 21 de marzo ás 19:00 h., na tradicional celebración do Día Mundial da Poesía que organiza o Pen Clube de Galicia. Alén da presenza política oficial, do Conselleiro de Cultura e Educación e do Presidente da Deputación de Ourense, ambos da ourensanía, intervirán Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, e Luís González Tosar, o presidente do Centro PEN Galicia, quen fará lectura da Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova. A seguir a lectura de poemas de Alba Cid e Celia Parra e a actuación musical de Miriam Figueiras e Marco Foxo poñerán o ramo a esta xornada.
A POESÍA É VERDADE
Un procura a verdade
por tódolos camiños, baixo as pedras,
nas raigames escuras das olladas,
máis alá das escumas i os solpores.
Busco a verdade en tí, rexa poesía
dos homes que labouran,
tacto real das cousas
que están e son, anque ninguén as vexa.
Home total,
que vas e vés sin sombra polas rúas
e tes a túa verdade nos curutos
do mundo, no profundo da historia,
na esperiencia de un día calisquera,
e non ves os paxaros nin as nubes
nin as lonxíncoas maus do vento dondo
que acariñan o mundo dende sempre.
Investiga a verdade do teu tempo
i alcontrarás a túa poesía.
Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra, 1962.
(O cartel é obra do artista e poeta Baldo Ramos, autor da cuberta e das ilustracións do monográfico conmemorativo do centenario de CEF. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Na noitiña do pasado xoves 26 de xaneiro estivemos máis unha vez na Libraría Couceiro para asistirmos á presentación do monográfico Celso Emilio fai 100 anos, que editou a asociación Arraianos que preside Aser Álvarez. Trátase dunha reedición acrecentada do número 6 da revista da propia asociación editado en agosto do ano 2006. A publicación xunta unha vintena de traballos de diversa índole que pescudan na biografía e na obra do poeta de Celanova. Entre eles, tanto na edición da revista en 2006 coma agora no monográfico figura un artigo da miña autoría intitulado «Celanova e o paraíso perdido da infancia» (páxinas 13 a 17). Esta contribución, que non citei ao falar aquí dos meus traballos sobre Celso Emilio, está baseada nun dos capítulos daquela guía Unha lectura de O soño sulagado [Vigo: Xerais, 1998. ISBN 84-8302-226-5], de cuxo malfado xa teño falado abondo nesta bitácora, xa que incluso non aparece en ningún dos diferentes catálogos de Xerais, a editora que me encomendara aquel estudo literario.
O acto de presentación de Celso Emilio fai 100 anos contou coas palabras do propio Aser Álavarez e do crítico Armando Requeixo e pechouse coa actuación poético musical do grupo Labregos do tempo dos sputniks, unha formación que colle o seu nome dun verso de Longa noite de pedra de Celso Emilio e que está composta por García MC, O Leo e Silverio Outeiro. Un CD do grupo tamén acompaña esta publicación que saudamos. E velaquí un video do seu labor na presentación realizada días antes en Celanova, pois a intervención que escoitamos na compostelá Libraría Couceiro foi moi semellante a esta.
Conmemórase hoxe, 4 de xaneiro do 2012, o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. A súa obra sempre foi do meu interese, tanto é así que ocupou varios traballos literarios da miña autoría.
A primeira achega veu cando estaba a traballar como bolseiro de investigación (xa rematada a carreira de Filoloxía Galego-Portuguesa) no proxecto do Dicionario da Literatura Galega, que publicou Galaxia, coa coordinación da crítica e profesora Dolores Vilavedra. Daquela estaba a compilar información nas bibliotecas e hemerotecas para as fichas do volume II. Publicacións periódicas, e batín na hemeroteca do Museo de Pontevedra cun poema non compilado na súa obra completa. Publiquei ese texto e un comentario crítico no Boletín Galego de Literatura 17, 1997, baixo o epígrafe «Rogo a Yavé, un poema en galego non recompilado de Celso Emilio Ferreiro», que leva este resumo previo: «O artigo iníciase cun achegamento á situación da literatura en lingua galega durante a época da posguerra. Baséase nas declaracións de autores como Alonso Montero ou Xosé Luís Méndez Ferrín e comenta as causas polas que, probablemente, Celso Emilio Ferreiro non publicou nada en galego neste período. A continuación, céntrase na análise dun poema titulado «Rogo a Yavé» que reproduce ó principio do artigo. Despois dun detallado estudo temático e formal da citada composición, conclúe afirmando que, debido ás súas semellanzas con traballos posteriores, debeu pertencer ao grupo de poemas que Celso Emilio compuxo durante os anos da posguerra e que, máis tarde, publicaría nos poemarios O soño sulagado (1954) e Longa noite de pedra (1962)».
Deseguida publiquei a guía Unha lectura de O soño sulagado [Vigo: Xerais, 1998. ISBN 84-8302-226-5], de cuxo malfado xa teño falado abondo nesta bitácora, xa que incluso non aparece en ningún dos diferentes catálogos de Xerais, a editora que me encomendara aquel estudo literario en profundidade.
A terceira aproximación veu novamente no proxecto do Dicionario da Literatura Galega, que publicou Galaxia. Participei dos tres primeiros volumes (Autores; Publicacións periódicas e Obras) e no terceiro, cuxa primeira edición é de maio do 2000, ocupeime das fichas dos seus tres libros de poemas fundamentais: O soño sulagado; Longa noite de pedra e Onde o mundo se chama Celanova, aínda que no Dicionario as entradas non van asinadas polos redactores.
A cuarta achega foi o relatorio “A intertextualidade en O soño sulagado” presentado nas Xornadas sobre Celso Emilio Ferreiro celebradas en Vigo do 28 ao 30 de outubro de 2004 e organizadas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. No devandito relatorio recollido nas actas do congreso limiteime a resumir e reproducir unha parte da miña guía de lectura sobre ese libro.
E a quinta e última achega foi unha breve monografía escrita a pedimento da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), que nunca se publicou en papel (alomenos que eu saiba) e que se pode ler na propia páxina da entidade nesta ligazón, en galego, español, alemán, francés, inglés e italiano. Neste traballo tamén fixen uso do material que xa tiña elaborado con anterioridade.
Son pois cinco contribucións ao estudo da obra poética de Celso Emilio Ferreiro, autor sobre o que teñen escrito moito e ben nomes importantes da nosa literatura e de quen temos un excepcional especialista, o crítico e profesor Ramón Nicolás, compilador da súa obra completa e de quen se anuncia xa unha monumental biografía que agardamos con voraz apetito lector, sabedores da súa rigorosidade. No entanto tamén podemos asomar ás numerosas notas que sobre o poeta de Celanova está publicar Moncho Nicolás na súa bitácora cadernodacrítica.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta