A canle de youtube Cinema Porviso, creada por Luís Aldegunde, profesor e catedrático de Lingua e Literatura Galega no CPI dos Dices (Rois), vén de facer público na rede o seu Telexornal, realizado co seu alumnado e de moita utilidade no ensino para docentes e para discentes, sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, desta volta Florencio Delgado Gurriarán #LetrasGalegas2022, cunha duración de 16:35. Un formato ben axeitado, abofé.
Para falarmos da vida e da obra do poeta valdeorrés as persoas entrevistadas, por orde de primeira intervención, estamos as seguintes persoas, sempre introducidas pola excelente presentación da alumna do CPI dos Dices, Carmen Romarís:
1º) Débora Álvarez, proxecto As letras de Florencio.
2º) Aurelio Blanco, Instituto de Estudos Valdeorreses.
3º) Ricardo Gurriarán.
4º) Xesús Alonso Montero.
5º) Miro Villar.
6º) Xosé Ramón Pena.
7º) Séchu Sende.
8º) Lucía Gómez, mestra de Audición e Linguaxe.