Televisión, manipulación


Puiden ver o informativo de mediodía e suscribo por completo este texto:
Nota de prensa de todas as organizacións sindicais
pedindo o cese do Conselleiro de Educación e do
Director da CRTVG por mentir na información da folga

As organizacións convocantes da folga que se levou a cabo en todo o ensino non universitario de Galiza e da manifestación que percorreu as rúas de Compostela na mañá do día 21 de setembro esiximos a dimensión do Conselleiro de Educación por ser impropio dun cargo do goberno continuar instalado na mentira e ofrecer á opinión pública datos falsos do seguimento da folga no ensino na Galiza. Súmase este feito ao desprestixio permanente ao que somete ao profesorado e aos recortes constantes no ensino público que conduciron ao maioritario seguimento da folga no día de hoxe. Ao mesmo tempo demandamos o inmediato cese do Director Xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Alfonso Sánchez Izquierdo, debido á burda manipulación -aínda máis esaxerada do que xa estamos habituados- no tratamento desta información no Telexornal das 14.30 horas. Á marxe de que se relegou a un posto secundario no sumario de entrada, a TVG fixo protagonista da noticia aos que non secundaron a folga e emitiron opinións contrarias á súa realización, cando supón unha minoría no ensino público. Consideramos inaceptábel que un medio público que pagamos todos os galegos e galegas en lugar de ofrecer unha información veraz e obxectiva realice un uso con fins partidarios, terxiversando a realidade dos feitos, falseando e ocultando a mesma, co obxectivo de que os galegos e galegas descoñezan as motivacións polas que o profesorado secundou a folga, a súa incidencia real e a verdadeira dimensión da manifestación.

Esta entrada foi publicada en Manifestos. Garda a ligazón permanente.