(Premer na imaxe para agrandar o tamaño)
Veño de estar na inauguración oficial da fermosa exposición «Suite Galicienne», unha serie de fotografías do bretón Claude Le Gall (Plouescat, no Finistére, 1947), que acolle unha das salas do primerio andar do Museo do Pobo Galego dende hoxe, 12 de setembro, até o 28 de outubro.
Alén do presidente da Padroado do MPG, o historiador Justo Beramendi, acompañou e introduciu ao autor a cineasta, escritora e profesora de xornalismo Margarita Ledo Andión, quen tamén asina o texto do programa de man desta exposición. Nos seus últimos parágrafos sinala Margarita Ledo:
«Claude Le Gall leva anos fotografando Galicia. As aparicións e desparicións, os sinais que nos fan perdurar, o xeito de identificármonos con determinados rituais, o obxecto amoroso -esa bandeiriña pendurada no fío fonambular- que é tamén o rastro que recoñecemos no camiño de retorno á casa. O obxectivo de Claude Le Gall métese no interior do real por veces e confúndese coa textura cálida da besta e do pan. En ocasións fica estantío, nun ollar eterno e frontal, ou arrédase para que a luz se manifeste como o lugar onde as cousas, e a foto, suceden. Imaxes directas, imaxes que trazan entre elas un mapa de relacións que non precisa de pasar polo texto, é a man e a ollada dun fotógrafo que chega da Fisterra norde, da Bretaña, quen nos convida, canda ele, a mirar o noso país».
Co amigo antropólogo muxián Manuel Vilar dialogamos sobre varias das imaxes, de maneira especial as centradas na Costa da Morte, das que o fotógrafo bretón seleccionou para esta exposición varias fotografías de Camariñas, Muxía e Malpica de Bergantiños. Porén, aquí está representada boa parte da xeografía galega, da súa paisaxe, do seu mundo do traballo e das súas romarías (nestas ao dicir de Manolo Vilar hai certa ligazón coas propostas de Cristina García Rodero).
Non nos era allea a obra de Claude Le Gall, cuxo labor coñecemos através da revista Grial, 187, xullo-setembro 2010. Nese número o seu traballo viña acompañado dun texto da súa autoría do que salientamos as seguintes palabras:
«Eu nacín bretón, ao bordo do mar, na costa setentrional de Finistère, pero por veces penso que en lugar de se ter detido en Armórica, os meus ancestros, sen dúbida chegados de Cornualles ou de Gales, ben poderían ter continuado deica Galicia.
Antes de pisar terras galegas, dedicárame a fotografar durante varios anos a vida cotiá en Irlanda, antes de que o desenvolvemento económico dos anos 90 modificase considerablemente o país. En Galicia atopei unha atmosfera semellante, que me lembraba a Bretaña da miña infancia.
Desde aquel ano de 1987 ata hoxe puiden comtemplar moitos cambios en Galicia: a apertura ao turismo de masas, por exemplo. No entanto, as tradicións mantéñense vivas e a hospitalidade dos galegos apenas mudou. Iso é o que me fai volver case todos os anos».
Nesta páxina persoal podemos ollar moitas das súas fotografías, mais chamamos a atención sobre a serie que adicou aos traballos e á xente da súa propia terra, a Bretaña, e moito máis en concreto sobre aqueloutras que se centran no Finistére bretón e na súa vila nativa de Plouescat. De seguirdes as ligazóns poderedes entender a fascinación que suscita a súa cámara fotográfica.
Até o 28 de outubro tedes tempo para vos achegar a este mostrario sobre o traballo de Claude Le Gall derredor da nosa nación milenaria e da súa poboación, un labor que segundo explicou estivo a realizar nas catro últimas décadas.
A súa ollada reclama un diálogo coa nosa propia ollada de galegas e galegos.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta