Sorteo de dous exemplares asinados do libro infantil Rebelión na charca


Contra a crise (que o é tamén do libro), como promoción da lectura na nosa lingua e para celebrarmos que esta bitácora chegou até as 555 anotacións desde que naceu (xuño do 2011), vou realizar un sorteo de dous exemplares asinados do libro infantil Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012), ilustrado por Ana Santiso.
BASES
O sorteo é internacional. Poderán participar persoas de todo o mundo que teñan interese pola literatura en lingua galega.
Pregunta
Para participar cómpre dar axeitada resposta á seguinte pregunta:
Que anfibio urodelo cuxo nome leva cinco veces a mesma vogal é un dos protagonistas deste conto rimado?
Resposta
As respostas deben enviarse como comentario na propia anotación do blogue crebas.gal
ou nun chío dirixido á conta de twitter @MiroVillar indicando un enderezo de contacto.
Premios
Dous exemplares de Rebelión na charca sorteados entre todas as respostas que atinen. Cada exemplar levará a sinatura do autor e unha agarimosa dedicatoria especial para a persoa que o gañador ou gañadora sinale.
Prazo
Desde hoxe mesmo até as 23:59 do primeiro de xaneiro do 2013. Boa sorte!

Esta entrada foi publicada en Contos, Infantil, Poesía. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Sorteo de dous exemplares asinados do libro infantil Rebelión na charca

  1. olgapatinho di:

    Eu sempre coñecín como sabanduxa a saramaghanta 😉

  2. somospoetas di:

    Ten uns curmáns moi bonitiños na charca do Curro Vello! Os limpafontes!

  3. somospoetas di:

    Como me gusta.
    Eu sei a resposta. Na miña terra chamámoslle así, mais no noso caso soamente ten catro vocais e anda a gheada de por medio. Tamén lle podemos chamar con tres síalabas, cada unha cunha vogal diferente…
    aaaaai que divertido!
    Marta Dacosta

Os comentarios están pechados.