Sobre animais ignorados na literatura infantil


A revista de literatura infantil e xuvenil Babar publica no seu twitter unha ilustración de Grant Snider tirada de Teaching literacy onde se fai unha humorística reivindicación de animais ignorados na literatura infantil:os tapires, as salamántigas, os ourizos… fronte a outros sobrerrepesentados coma os baleas, os cans, os pingüíns…
Os escritores e escritoras de literatura infanto-xuvenil deberiamos refelxionar sobre esta idea. Non sei que opinaría Grant Snider da miña marmota Carlota, mais os outros dous libros que escribín para primeiros lectores/as teñen coma protagonistas a vermes (A cobiza do verme Noel) ou a ras, sapos e tamén salamántigas (Rebelión na charca), así que creo ter cumprido cos seus desexos.

Esta entrada foi publicada en Banda deseñada, Contos, Humor, Infantil. Garda a ligazón permanente.

4 respostas a Sobre animais ignorados na literatura infantil

  1. Pingback: As crebas » Sobre a proxección exterior da literatura galega

  2. Ana G.G. di:

    Meu avó tiña un ourizo de mascota. Andaba alí de vagariño pola bodega adiante. Era o heroe dos meus contos de nena. Os que inventaba na miña cachola.

    • Moitas grazas por te achegares a esta bitácora, Ana, e tamén por deixar nesta casa un anaco das túas lembranzas. As crebas faise internacional en terras polacas. E parabñens polo voso blogue e por escollerdes a imaxe do Ézaro e do Pindo coma fondo de pantalla. Precisamente mañá percorreremos esas terras para pedirmos un Parque Natural. Saúde,

  3. VIAJERAZUL di:

    eu aposto polo peixe-espada e polo tigre da India,e polo ourizo, porque a verdade tanta balea na literatura galega xa farta. tes que aumentar a prole Miro!veremos cal é á túa próxima entrega.
    saudiño con ruxidos

Os comentarios están pechados.