(Mapa do roteiro. Premer para agrandar o tamaño)
Pódese facer unha camiñada, sen acorar, nun dos días máis calorosos deste agosto? Pois si, sempre que se escolla ben o percorrido e a hora de principiar a andaina. As previsións meteorolóxicas para o día de hoxe eran contrarias, mais esta mañá do xoves 9 de agosto, o mesmo ca antonte na compaña do escritor (e aínda amigo) Xosé Manuel Lobato, percorremos o Roteiro dos Tres Ríos (PRG-121), que se desenvolve por terras ribeirás do concello de Touro e que se pode comezar ben na área recreativa da Ponte Santaia ou ben na Ponte Basebe, un total de 9 km. (18 km. ida e volta).
Saímos de Compostela ás oito da mañá, e logo dun café en Touro, achegámonos até a Ponte Basebe, non sen dificultade por mor dos escasos indicadores na estrada e que resolvemos como se adoita nestes casos, preguntándolle a unha vella e un vello que sachaban nas patacas na fresca da mañá. Contras as nove principiamos o percorrido do Roteiro dos Tres Ríos, xusto ao pé da Ponte Basebe sobre o río Ulla e lugar no que se xuntan os termos municipais de Touro e de Vila de Cruces.
A denominación do roteiro débese a que percorre un pequeño tramo do Ulla, boa parte dun dos seus afluentes, o Lañas, e tamén de maneira breve o regato de Beseño. Escollemos dar comezo na Ponte Basebe porque o roteiro presenta un suave, máis case continuado, ascenso até o seu remate na área recreativa de Ponte Santaia. E acompañounos en todo momento a fresca do río nas primeiras horas de mañá, que xa se perdeu na baixada do camiño de regreso, cando nin os paxaros chiaban.
O roteiro é un magnífico pasadizo sombrizo, case na súa totalidade, onde atopamos moita vexetación propia das nosas ribeiras, mais sobre todo centos e centos de sobreiras, aínda en plena produción de cortiza, xa que nos seus troncos podemos observar as diferentes iniciais pintadas dos seus propietarios, mais tamén ameneiros, castiñeiros de boa factura, carballos e até algunha froiteira espallada polo percorrido (figueiras, pexegueiros…). Nas zonas altas, mais aínda arredados do roteiro, as masas arbóreas de piñeiros e dos insultantes eucaliptos.
Alén do fermoso percorrido, tamén atopamos varios muíños: algúns en estado ruinoso, un deles restaurado mais aínda con tellado de uralita, que agardemos sexa recuperado na súa totalidade, e outro en perfecta sintonía coa paisaxe, o Muíño da Carballa, no curso alto do río Lañas. E no medio e medio, máis ou menos, do percorrido o Salto das Pombas (ver abaixo a foto que tirei co móbil), unha desas fermosas fervenzas, férvedas, pincheiras…, que temos neste noso País dos Mil Ríos. A información oficial sinala que está no lugar coñecido como Montes de Fao (unha aldea da contorna) e que presenta unha caída de dez metros de altura.
Tamén chamou a nosa atención unha fermosa casa (ver a imaxe) que testemuña o abandono do medio rural, malia servir aínda coma cortello para o gando. De arquitectura fermosísima e que podería converterse, con importante investimento, nunha casa de labranza ou de turismo rural, a día de hoxe está en estado ruinoso que ameaza mesmo a súa sobrevivencia.
E a nós só nos resta facer recomendación para coñecerdes este PRG-121 de recente e perfecta sinalización (case cada cincuenta metros), que merece un sobresaliente fronte a todos os roteiros que levamos feitos até hoxe. Apenas hai algúns tramos de dificultade media-baixa nos que foi necesario construír pasos e escadas de madeira. Malia existiren algúns núcleos de poboación non moi lonxe o certo é que non cruzamos nin escoitamos a ninguha persoa nos dezaoito quilómetros, que de non ser pola nosa conversa amiga sería case de silencio monástico, brevemente interrompido polo chío ou o canto ocasional dalgunha ave e tan só coa mácula dos mosquitos que nos asaltaron na calor do regreso, cando completamos o percorrido contra a unha e media.
E axiña marchamos a recuperar forzas a Merza, na casa de xantar O Refuxio, onde sabemos que hai sempre boa comida e agradable atención para os comensais famentos e sedentos, coma nós.
Velaquí algunhas características técnicas (ao completo nesta páxina ou na da Federación Galega de Montañismo, entidade que homologa os roteiros PRG).
Accesos
Na N-547 entre Santiago de Compostela e Arzúa, pode accederse a Touro através da AC-0605 ou da AC-240. No centro da vila seguir as indicacións até Basebe, onde atoparemos a ponte e o panel do inicio do roteiro.
Punto de partida/chegada
Ponte Basebe (Touro) – UTM:29T X:559597 Y:4741802
Área recreativa da Ponte Santaia (Touro) – UTM:29T X:558358 Y:4746338
Percorrido
Ponte Basebe, Fervenza do Salto das Pombas, Muíño da Carballa, Muíño de Santaia, Área Recreativa da Ponte Santaia
Dificultade e duración
Media-baixa. 3 horas ida, 3 horas volta (nós fixémolo en cinco horas escasas)
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta