Na anterior anotación falamos do “Serpent”. Publiquei o 18 de novembro do 2010 este artigo na edición comarcal de Carballo de La Voz de Galicia, para lembrar o intenso poema que Antón Zapata García escribiu sobre esta traxedia. Velaquí o texto:
O “SERPENT” NA POESÍA DE ANTÓN ZAPATA
Razóns persoais non me permitiron asistir á homenaxe aos náufragos do “Serpent”, aínda que hai unhas semanas fixemos un roteiro por esas impresionantes paisaxes o escritor Xosé Manuel Lobato, quen non coñecía o monumento, e mais eu. Veño de ler na crónica de Patricia Blanco que se leron textos de Rosalía de Castro, de Eduardo Pondal e doutros autores. A noticia non cita ao poeta laxense Antón Zapata García, autor dunha magnífica elexía intitulada Responso galego ô “Serpent”, que foi publicada por vez primeira no xornal Galicia, da Federación de Sociedades Gallegas, nº 433, Bos Aires, 15 de setembro de 1935. O texto poético aparece debaixo dunha fotografía co seguinte pé: «Antigo e novo CIMITERIO DOS INGRESES no lugar da Costa Brava chamado “Boi de Camariñas”. No fondo, â dereita, óllase a praia chamada c-ô agoirento nome de “AREA 13”. No mentado cimiterio fican enterrados 400 e pico de gardas-mariños e mariñeiros do Barco-Escola “Serpent”, da armada ingresa, afogados todos n-unha terríbel nuite d-inverno. Alí ficóu a fror e gala dos futuros lobos de mar. Triste destiño dos humáns e da soberba dos grandes…». Na primeira parte lembra o naufraxio e o feito de que unha escuadra de guerra inglesa saudaba con vinte e un canonazos para lembrar as súas mortes sempre no día de Defuntos, na segunda critica o feito de que xa non aparece nunca unha escuadra inglesa para realizar esa lembranza, e remata sinalando que foron acollidos polos galegos. Velaquí o poema:
RESPONSO GALEGO Ô “SERPENT”
I
Dende que foi a pique, con nuite borraxenta, / no BOI de CAMARIÑAS, o Barco-Escola ingrés, / no Día de Difuntos, a escoadra medoñenta / de guerra, saüdaba os mortos que alí tên… // Con vint-ún cañonazos, ceibados dende abordo, / â rexa Costa Brava facía tremecer, / o mesmo como cando o Norde, c-ô balbordo / do mar, brúa e rebrúa na Costa do Laxés: // Saúdo d-honoranza ôs catrocentos mozos / que a morte pol-a proa levaban sin-a vêr, / e as poutas das rompentes trocaron en destrozos / co-a saña louquecida d-un tigre bengalés. //
II
¡Pasaron muitos anos!: A escoadra n-aparece / pra relembrar os mortos do tráxico “SERPENT”: / ¡Os probes afogados non teñen quen lles rece, / pois súas nais morreron!: ¡Nadia lles prega ren!… // Quezáis en ningún libro o laureirado bardo, / —o gran Rudyard Kipling, o anglo-bombayés—, / non se relembre nunca d-éles, no San Medardo, / coma relembra as grorias do podeirío ingrés. // Quezáis, pol-os Arquivos do Gran Almirantazgo / d-Albión, o pô recruba teu nome, ¡ouh, “SERPENT”! / eisí como tampouco as verbas: —¡“Eiquí xazgo”!— / riscáronse nas pedras do BOI camariñés. // Mais, ¡el-o non importa!: Vos fóstedes, mariños, / baixo a gadoupa fera do vento Noroés, / o mesmo que a niñada de probes paxariños / n-unha gayola endébel: ¡O casco do “SERPENT”! // Por eso, non hai culpa: ¡N-hai homes sin reparos! / Non valen os cadrantes: ¡Naides a culpa tên!: / Non alumaba a estrela do Norde, nin os faros!: / ¡Deus quixo que morrérades no Santo Mar d-Alem!… // Das gandras irlandesas, no haberés suidade; / tampouco haberés mágoa, das gandras do Morvern: / ¡O mesmo dá Galiza, pr-ôs celtas de verdade, / que aquélas nobres terras do noso antergo Celt! // Na terra dos galegos na propia terra estades, / mariños compatrianos de O’Connell e Parnell: / C-ôs nosos afogados, ¡ingreses!, vos chorades, / no Mar dos Silenzosos, as dôres de Gaél. // Da “BARCA” na romaxe —coma no San Patricio / das vosas verdes terras, ouzando ôs “highlanders”—, / os brandos sons da gaita galega, un epinicio, / cantando encol das ondas, vosoutros ouzarés. // Durmide, fillos d’Anglo: Ficades c-ôs galegos / e acougo vosos corpos por sempre haberán têr: / Das boas nais galegas han rubir os pregos, / pra que, eisimade, as almas acóuguense tamén. //
IV
Na Costa Brava dormen os fillos d-Inglaterra, / os mozos que unha nuite marcháronse pr-ô Alem, / que aluman, câl ciriales, os faros de FISTERRA / e do VILAN, fraternos, vertendo seus ronsels… // Tan sô, de nuite, síntense —dende o VILAN de FORA / deica â “Area 13”—, o canto de REQUIEN, / e o triste DE PROFUNDIS do ÁRTABRO mar que chora / diante do cimiterio dos mortos do “SERPENT”!…
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta