Agradecemos máis unha vez ao profesor e crítico literario Ramón Nicolás (Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG, á mellor traxectoria en xornalismo cultural, 2011) o seu interese pola divulgación da nosa edición de Bretemada, o poemario inédito de Gonzalo López Abente. Xa se ocupara do volume na súa bitácora cadernodacrítica e, desta volta, ensanchou o seu comentario crítico nesta recensión que se publicou nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 10 de decembro de 2011, baixo o título de «Rescate dunha voz precisa». Arredor de Bretemada, de Gonzalo López Abente. Tamén se reproduce no blogue cadernodacrítica.
Gonzalo López Abente
Bretemada (edición de Miro Villar)
Alvarellos, Compostela, 2011, 227 páxinas, 20 €
No ano 1925, as páxinas da revista Céltiga editada en Buenos Aires, acollían unha significativa prosa de Vicente Risco titulada “A velliña vella”. Este texto alegórico, moi reiterado e estudado anos despois, vehiculiza a través dun personaxe o que viría sendo unha metonimia de Galicia pois nel simbólizase tanto o pensamento político de Risco, por extensión do Grupo Nós naquel momento, como o sentimento de perda da identidade galega e a orfandade dun pobo que esqueceu as súas orixes. Algúns anos antes de ver a luz este texto, Gonzalo López Abente, compañeiro de tarefas e angueiras de Risco, mais tamén de Otero, Castelao, Cuevillas e tantos outros no seo das Irmandades da Fala, deu cun substantivo, como foi “bretemada”, baixo o que quixo artellar, neste caso poeticamente, unha metonimia de Galicia.
Sería cousa de ficción científico-literaria calibrar qué modificaría tanto a valoración de López Abente na literatura do seu tempo como o seu posto no canon da poesía galega do século XX se o libro que agora se rescata non permanecese inédito nos fondos da Real Academia Galega ata hoxe e vise a luz pouco despois da súa redacción. Con todo, se Xosé Luís Méndez Ferrín, responsable dunhas notas limiares desta edición, apunta que esta publicación constitúe “un acontecemento de altísima importancia” coido que non se debe entender como unha afirmación gratuíta.
Suscribo esta anterior aseveración, pois non é difícil valorar a relevancia deste libro que nos chega mercé ao labor da Fundación Gonzalo López Abente, da compostelá Alvarellos Editora e, sobre todo, do bo facer como editor literario do profesor e filólogo Miro Villar, que deposita o preciso preciso rigor neste traballo informando do percorrido biográfico do autor muxián, alén de engadir as pertinentes reflexións arredor da xeración literaria á que pertenceu, explorando as claves da súa obra poética publicada e reparando na recepción desta última, ademais de ofrecer atinadas valoracións arredor da obra rescatada.
Bretemada, así pois, acolle un cento de poemas nos que agroman as principais doutrinas identitarias do nacionalismo galego incipiente daquela xeira que López Abente abrazaba, materializadas poeticamente en asuntos como o devezo pola liberdade e a férrea e rotunda defensa da lingua e da tradición, sen esquecer tampouco a exaltación da singularidade e beleza da nosa paisaxe.
Non merecería ficar esta publicación dispersa e esquecida entre as últimas novidades editoriais. A exhumación destes textos ilumina un traxecto descoñecido do percorrido literario de Gonzalo López Abente e, por extensión, da historia literaria e cultural de noso. Bretemada pon de relevo o traballo inspirado dun poeta que entendo como un valioso material literario, por fin á disposición de quen desexe achegarse a el.
Ramón Nicolás
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Carta derradeira para o bibliotecario Mon Rey Senra
- Altri NON
- Mensaxe de Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO,co do Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2025 (Versión galega)
- Adeus a Bernardino Graña, profeta do mar
- Presentación de “Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina” o sábado 18 de febreiro, ás 11:30 no Museo do Pobo Galego
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Abril 2025 (1)
- Marzo 2025 (2)
- Xaneiro 2025 (2)
- Decembro 2024 (1)
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta