(Boca de entrada da Cova dos Mouros, Toba-Cee, e interior. Fotografías de Modesto García Quintáns. Premer nas imaxes para agrandar o tamaño)
Días atrás o dixital QuepasanaCosta publicou na súa sección «Recunchos da Costa» un artigo sobre a Cova dos Mouros, ubicada na parroquia de Toba, no concello de Cee, que me fixo retornar ao terriorio da infancia, pois visitei este espazo en diferentes camiñadas polo monte d’O Son e con diferentes cans que tiven neses anos (Cusqui, July, Trotski ou Trece, non lles puxen eu ningún dos nomes) ou na compaña de meu irmán máis novo, o escritor Rafa Vilar, e dalgúns amigos e viciños da nosa idade no lugar d’A Granxa onde estaba daquela a casa familiar da miña nai.
No texto, que se pode ler nesta ligazón e que reproduzo máis abaixo, descríbese moi ben a súa ubicación e cóntase a súa historia, con feitos que podo testemuñar, como cando se di «hai anos que os cativos da zona a usaban para cazar morcegos pola súa abundancia pero na actualidade está baldeira». En efecto, lembro coma algúns de nós poñiamos unha rede na entrada e con esta trasnada demos cazado algún morcego (muriseghos, para nós), que nos parecían animais moi estraños que definimos como «ratos con ás».
Porén na historia da cova, hai un erro de vulto que calquera coñecedor da nosa atnografía advertirá de contado. Dise: «Ninguen sabe a súa orixe e tampouco a súa aplicación. Uns dín que foi feita polos moros cando chegaron á comarca…», cando é ben sabido que non hai razón histórica, xa que nunca aquí chegaron os musulmáns.
Cando na nosa nación milenaria se fala de mouros e mouras (e hai ducias de topónimos que o demostran) estamos a falar de seres lendarios, dun pobo de criaturas sobrenaturais que protagonizan lendas, mitos e relatos estendidos por todo o norte da península (Asturies, Galiza e Norte de Portugal), relacionados ás veces con tesouros ocultos, tal e como recollen Xoán Ramiro Cuba, Xosé Miranda e Antonio Reigosa no seu Dicionario dos seres míticos galegos (Xerais, 1999, magnífica obra que xa vai na 5ª edición, con ilustracións de Lázaro Enríquez) ou no sitio galiciaencantada que dirixe o último dos citados, onde a procura no seu buscador da palabra mouros ofrece ducias de resultados, mesmo unha Cova dos Mouros na Fonsagrada, outra en Arcos de Vilamartín de Valdeorras, outra en Candeda de Carballeda de Valdeorras, outra en Cervás de Ares e outra en Ermelo de Bueu, sen teren noticia da nosa e máis aínda que haberá pola nosa Terra.
De quitado deste lapsus, as fotografías e o texto (coas dúbidas que poida haber na mención histórica de ser usada como refuxio na acometida francesa) son un magnífico testemuño para coñecer esta paraxe que tanto visitei na cada vez máis afastada nenez. Parabéns, pois, a Modesto García Quintáns pola súa achega. Velaquí:
O Recuncho
Temos a sorte de volver a contar coa aportación de Modesto García Quintáns para seguir recuperando recunchos agochados pola comarca de Fisterra. Xa nos descubríu ducias de tesouros por Dumbría, e hoxe achégase ata Cee para, arriba, no Monte do Son, amosarnos a Cova dos Mouros.
É una cova con forma de túnel situada na ladeira oeste do Monte de Guimareu (Cee). Está a uns 100 metros separada da estrada de Toba a Guimareu, nunha finca a monte cuberta de maleza coñecida como Prado de Pazos. Ten uns 18 m. de largo por uns 1,30 m. de ancho e un alto entre
1,3 m. e 1,6 m. Ninguen sabe a súa orixe e tampouco a súa aplicación. Uns dín que foi feita polos moros cando chegaron á comarca e outros que foi feita polos lugareños para agochar cousas de valor cando chegaron os franceses a Corcubión. Tamén hai quen opina que era unha mina de auga.
Tamén a relacionan cos escapados da Guerra Civil, como os agochados no Monte Pindo que nos descubríu Luís Lamela. Na actualidade, esta cova, está totalmente cuberta de maleza pero pódese entrar nela e chegar ata o fondo. Hai anos que os cativos da zona a usaban para cazar morcegos pola súa abundancia pero na actualidade está baldeira.
Hai unha anécdota relacionada con outra cova cercana a esta paraxe. Contaba unha persoa maior, que no ano 1936, dous veciños de Cee, que formaban parte da banda de música, determinaron de agocharse para non ir á guerra. Dacordo cos familiares, fixeron unha cova no Prado de Cambeiro, a escasos metros da Fonte Parromero. O problema xurdiu cando un veciño do Son, subido a un pino para recoller pinas, viu un bicho raro asomar a cabeza polo furado desa cova. Asustado deo a voz de alarma no lugar e os familiares, temerosos de que ía participar a Garda Civil, convencérenos de que se entregasen.
Cómo chegar
Cóllese na estrada AC-552 o ramal que vai a Estorde pola igrexa de Toba. Pasada a fonte, a un quilómetro antes de coller a pista que sube ao mirador do Son existe unha portela cerrada con rexa metálica onde se pode aparcar á dereita. Nada máis cruzar a estrada existe unha pequena rampa de terra que sube a unha finca limpa de maleza. Xírase a esquerda para saltar un muro de pedra cuberto cuns troncos bellos. Dentro encontramos moita maleza e subindo por un carreiro uns 60 metros encontramos o burato da cova. Debe levarse unha linterna para poder entrar. Pódese localizar nas coordenadas UTM(29ED50): X = 483370; Y = 4756348.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta