Relatorio «Gonzalo López Abente, o "poeta do mar" das Irmandades da Fala», no volume No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos


(Premer no centro para ollar na pantalla completa)
Veño de dispoñibilizar en aberto a través de ISSUU o meu relatorio «Gonzalo López Abente, o “poeta do mar” das Irmandades da Fala», que está incluído no volume de autoría colectiva intitulado No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos e que recolle de maneira literaria a miña participación (da que xa se falou aquí) o martes, 13 de novembro, na Casa Galega da Cultura en Vigo nunha das xornadas do ciclo denominado co mesmo nome que o libro, unha das iniciativas organizadas pola Real Academia Galega para memorar o centenario da fundación das Irmandades da Fala.
O volume de 488 páxinas No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos foi publicado pola Sección de Literatura da propia Real Academia Galega, desta volta co apoio da Deputación de Pontevedra, e leva este colofón: «Este libro saíu do prelo o 20 de decembro de 2017, no cento dez aniversario da estrea do Himno galego na Habana».
A edición literaria é responsabilidade do académico Henrique Monteagudo e de María Dolores Sánchez Vales e leva un «Limiar» do presidente da entidade Víctor Fernández Freixanes e unha «Presentación. Fala, escrita e prelos» que asinan os compiladores, para presentar todas as achegas dos relatores e relatoras que protagonizaron no segundo semestre de 2016 as devanditas xornadas de estudo e divulgación, organizadas coa colaboración da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, nun ciclo que durante diferentes datas chegou até as sete principais cidades do país e á vila de Viveiro, berce dos irmáns Villar Ponte.
Velaquí o Índice completo da publicación.
I. Oratoria e prosa non ficcional
A oratoria en galego antes e despois de 1916: problemática. Xesús Alonso Montero
A axencia político-cultural das Irmandades e a emerxencia de prácticas protoensaísticas na Galiza do seu tempo. Arturo Casas
No tempo das Irmandades: Ideas e debates sobre literatura na prosa non ficcional. Teresa López
II. Novos vieiros para a narrativa
A narrativa no proxecto das Irmandades ¿continuidade ou renovación? O caso da Coleccción Lar. Dolores Vilavedra
Liñas de sentido da narrativa curta das Irmandades. Algunhas calas. Ramón Nicolás
Da narrativa oral á costumista no tempo das Irmandades. Camiño Noia Campos
III. Un novo teatro galego
O proxecto das Irmandades da Fala para a modernización do teatro. Laura Tato
O teatro no tempo das Irmandades: espazo e identidade. Euloxio R. Ruibal
Fernando Osorio Docampo no programa teatral irmandiño. Carlos Caetano Biscainho
IV. Unha poética anovadora
As Irmandades da Fala e a renovación da lírica galega. Xosé Ramón Pena
A poesía do tempo das Irmandades na historiografía literaria galega. Chus Nogueira
Gonzalo López Abente, o «poeta do mar» das Irmandades da Fala. Miro Villar
O mito como ideoloxía: un poema inédito de Euxenio Montes para Manuel Antonio. Xosé Luís Axeitos
V. Reivindicación e modernización da lingua
Fagamos do cultivo do noso idioma unha relixión de homes dignos. Rosario Álvarez
Cataluña como referente para Galicia na loita polo recoñecemento da súa personalidade cultural e política. Antón Santamarina
O Seminario de Estudos Galegos: do cultivo do idioma (1923-1927) á codificación (1928-1936). Henrique Monteagudo
VI. A conquista do público
Comunicación e novas tecnoloxías. Víctor F. Freixanes
Irmandades da Fala: acción e novos obxectos. Margarita Ledo Andión
Buscando unha vitrina para o galeguismo. Xan Carballa
As irmás de A Nosa Terra. O voceiro das Irmandades acolle o alborexar das orimeiras mulleres do xornalismo. Carme Vidal
VII. Intelectuais, xornalistas, escritores
Antón Villar Ponte (1881-1936): un guieiro xeneroso e esforzado. Emilio Xosé Ínsua
O humanista galego Johán Vicente Viqueira López na alba do século XX e no tempo das Irmandades. Antón Costa Rico
Vicente Risco, irmán e membro da ING. Olivia Rodríguez González
Ramón Cabanillas, o Poeta das Irmandades da Fala. Francisco Fernández Rei
A participación de Florencio Vaamonde nas Irmandades da Fala. Isabel Seoane
Lois Peña Novo: o soño da industrialización de Galicia. Manuel Roca Cendán
VIII. Imaxe e identidade
Imaxes de galeguidade. Proceso e configurazón. María Victoria Carballo-Calero
De Céltiga a Zeltia. Pepe Barro
Sobre as Irmandades e o galego en Ferrol. Siro López

Esta entrada foi publicada en Antoloxías, Arte, Biografía, Efemérides, Encontros, Ensaio, Estudos literarios, Lingua, Manuscritos, Memoria Literaria, Narrativa, Poesía, Política, Teatro, Xornadas. Garda a ligazón permanente.