Recensión do poemario Breizh no Diario Cultural da Radio Galega


Recupero o programa do Diario Cultural da Radio Galega, que dirixe a poeta Ana Romaní, emitido o pasado martes 5 de marzo do 2013, onde o meu poemario Breizh (Toxosutos, 2012) foi obxecto da recensión da crítica e profesora María Xesús Nogueira (na foto).
Velaquí a ligazón:
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-05-03-2013-543697
Ou o podcast do programa:
Breizh(5-03-2013)
Facendo uso da «radio á carta» tamén se pode escoitar aquí o programa através da rede, que eu non tivera ocasión no seu momento, coas palabras exactas sobre os poemas da miña autoría. A recensión vai, máis ou menos, do minuto 34:10 ao 41:30, e Chus Nogueira fala do haiku en xeral e do meu libro en particular en conversa coa directora do programa, Ana Romaní, e coa redactora Xiana Arias, ambas e dúas tamén poetas.
Así a todo, recomendo a escoita completa do programa, pois entre os seus interesantes e variados temas tamén se fala da publicación da obra poética de Ramón Otero Pedrayo, Xeórxicas do pan (Galaxia, 2013).

Esta entrada foi publicada en Poesía, Radio, Recensións. Garda a ligazón permanente.