Outra recensión recuperada na páxina de poesiagalega.org, que dirixe o poeta e profesor Arturo Casas e no que traballa arreo o seu equipo do GAAP (Grupo Alea de Análise Poética), é a que escribiu Carlos L. Bernárdez para dar conta dunha antoloxía de novas voces poéticas que publicara Xerais na década dos noventa. A recensión leva este encabezamento “Luciano Rodríguez e Teresa Seara (eds.). Para saír do século. Nova proposta poética” e publicouse tamén no Anuario de Estudios Literarios Galegos: 1997 (Vigo: 1998, pp. 267-268) que editaba Galaxia.
No repositorio poesiagalega.org redactaron esta entrada:
«Reseña descritiva dos contidos da antoloxía Para saír do século. Nova proposta poética. Logo de comentar o problemático e discutible de toda selección antolóxica, Bernárdez pasa a enumerar os nomes dos autores e autoras escollidos e logo a calificar brevemente, con criterios temáticos hermenéuticos, a súa poesía»
A recensión completa pódese ler nesta ligazón, mais deseguida reproduzo uns parágrafos nos que o crítico aborda a problemática das escollas e logo fai ese brevísimo apuntamento das poéticas dos oito poetas. Velaquí:
«A selección dos poetas é sempre problemática e moito máis con autores tan novos, nalgún caso cun só poemario publicado. Os antólogos escollen oito autores, Ana Romaní, Antón L. Dobao, Manuel Xosé Neira, Xosé M. Millán Otero, Miro Villar, Marta Dacosta, Martín Veiga e Yolanda Castaño. Pode sorprender a inclusión dos dous primeiros, sobre todo no caso de Ana Romaní que por idade e comezo de publicación acostuma a aparecer entre os poetas dados a coñecer nos oitenta.
Os oito autores abalan entre os escasos vinte anos e os longos trinta e tantos, período de tempo que tamén ofrece un estadio de evolución necesariamente desigual.
Deste xeito a antoloxía adquire o seu valor como mostrario, escolma de novas voces, pero moi lonxe de fornecer un panorama da poesía galega dos anos noventa, ó que si se fai referencia breve na introducción. Como en toda escolma, a selección de poetas pode ser o máis discutible, pero en todo caso trátase dunha opción. Nesta ocasión hai que recoñecer que se buscaron oito voces diferentes, lonxe dunha antoloxía dun determinado gusto dominante nesta podemos achegarnos a un conxunto de obras variadas e peculiares.
En Ana Romaní apreciamos o amor e a morte, a sensualidade e a tristeza pairando en todos os seus versos e o desexo de que a voz poética poida mover e transformar a vida. A voz de Antón Dobao propende cara á colectividade, cara á denuncia da inxustiza e ó apelo á identidade, cun fondo de desacougo íntimo. Manuel Xosé Neira reflexiona sobre o paso do tempo con marcado carácter simbólico, co amor como posible salvación contra o dominio das tebras. En Millán Otero o tempo, o amor e a patria agroman deste o universo telúrico para recrear o espacio do home. A poesía de Miro Villar vai desde a ironía á desolación, do amor á ausencia e desde un universo formalmente clásico á experimentación. En Marta Dacosta a poesía é arma contra a escuridade e opresión e ó tempo reflexión sobre o ser e o seu lugar no mundo. Martín Veiga constrúe unha poesía depurada de matices culturalistas, na que a natureza aparece fráxil e ordenada e na que o eu poético encara o desigual combate contra a morte. Por último, Yolanda Castaño elabora unha poesía sensual, lúdica e barroca na que a voz poética intenta procurar o seu lugar fóra da deshumanización e do sectarismo».
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta