No último número, 204 (outubro, novembro, decembro do 2014) de Grial, Revista Galega de Cultura, que xa anda desda hai semanas polas librarías e que tamén se pode adquirir en edición dixital desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección intitulada «O espello das letras» unha recensión sobre O soño galego de Julio Cortázar, a nova entrega do escritor Francisco «Chisco» Fernández Naval que revisa e agranda con novas achegas eruditas, con novos datos de investigación e con materiais novidosos de escritoras e escritores nosos aquel libro da súa autoría, tamén publicado pola mesma Ediciones Linteo en 2006 co título Respirar polo idioma: Os galegos e Julio Cortázar e a súa posterior edición castelá en Corregidor de Buenos Aires (2007).
Do lanzamento do volume O soño galego de Julio Cortázar xa se falou nesta anotación da bitácora e agora reproduzo o texto da miña recensión:
Cortázar e nós
O soño galego de Cortázar
Francisco X. Fernández Naval
Ourense: Linteo, 2014, 346 páxinas
Poucos días despois de ver a luz este volume morría o 8 de novembro en París a editora, escritora e tradutora galega Aurora Bernárdez, quen foi a primeira muller de Julio Cortázar e quen tamén o acompañou nos seus últimos días en 2004, e un dos testemuños fundamentais para Francisco Fernández Naval na elaboración destas páxinas. Se o libro nacía coa explícita vontade de homenaxe ao escritor arxentino no ano do seu centenario, agora tamén vai servir para honrar a memoria de Aurora. De feito, mesmo a fotografía da portada (Cortázar no Cruceiro da Ramallosa en agosto do 1957) e unha ducia de imaxes recollidas en apéndice pertencen ao seu arquivo fotográfico, que por desexo da autora fai parte desde 2006 do patrimonio que atesoura o CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe) baixo o rótulo «Fondo de Aurora Bernárdez», nunha xenerosa contribución de incalculable valor para o estudo cortazariano e para a literatura universal.
No preámbulo, intitulado «Herborizar ou arborizar», Fernández Naval explica que estamos perante un volume que revisa e agranda con novas achegas eruditas, con novos datos de investigación e con materiais novidosos de escritoras e escritores nosos aquel libro da súa autoría, tamén publicado pola mesma editorial Linteo en 2006 co título Respirar polo idioma: Os galegos e Julio Cortázar e a súa posterior edición castelá en Corregidor de Buenos Aires (2007). Así sabemos, que esta última, máis completa, é a cerna á que se lle engade unha terceira parte «Arborizar», de homenaxe, con seis capítulos que reflicten a presenza de Cortázar na cultura galega contemporánea.
Na «Innecesaria Xustificación do Prescindible» faise evidente unha vez máis a débeda contraída con Aurora Bernárdez, a quen Fernández Naval outorga un papel central na vida de Cortázar, de ai que nestas primeiras páxinas testemuñe a entrevista con ela na súa casa de París en 2003, contada dun xeito tan gorentoso que semellamos estar perante un relato inconcluso do narrador arxentino.
A primeira parte, «Galicia e Julio Cortázar», desenvólvese en once capítulos que principian por afirmar que «están errados aqueles que afirman que a relación de JC con Galicia se inicia con Aurora Bernárdez», e pretende demostrar a presenza dos galegos no Buenos Aires no que naceu o neno Julio Cortázar con profusión de citas literarias (Roberto Arlt sobre todo) e testemuños varios que abofé conseguen validar esa tese.
Deseguida profúndase de maneira notable en Francisco Luís Bernárdez e a súa media irmá Aurora Bernárdez tecendo os fíos necesarios para sabermos o momento de se coñeceren e a enorme trascendencia destes dous galegos, andando o tempo cuñado e primeira muller de Cortázar. A semblanza de Paco, que tiña a común afección polos sonetos (e hainos ben fermosos seus e de Cortázar, adoito infravalorados), leva a especular sobre a probabilidade de que tamén chegase a coñecer e ter trato con Eduardo Blanco-Amor. O capítulo sobre Aurora serve para nos ilustrar sobre a súa relación, iniciada en 1948, mais para saber que era lector ávido de Follas Novas ou que na biblioteca cortazariana había outros libros de autoría galega, nos que é de salientar a presenza de Luís Seoane ou da Antoloxía da Lírica Gallega de Álvaro de las Casas.
«Fardel de Exiliado», «Correo Literario, Cabalgata e Nova», «Bruja». «Rafael Dieste», «Luís Seoane» e «Francisco Porrúa» son capítulos que nos lembran a produtividade do exilio galego e o fluír de diálogos que se produce entre os autores citados e Cortázar e Aurora, coa que casaría en 1953, alén doutras figuras ben importantes como o editor Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Otero Espasandín ou a porteña Alejandra Pizarnik. Moi relevante é que nos seis números de Cabalgata apareceron o relato «Lejana. Diario de Alina Reyes» e 42 críticas literarias de Cortázar, entre elas cita a Aurora como tradutora de La Náusea de Sartre e no Correo Literario viu a luz o relato «Bruja», que Fernández Naval acredita como de inspiración galega con convincente argumentación.
O capítulo sobre Rafael Dieste, asombrosamente revelador, remata cun interesante xogo de afinidades entre as teorizacións sobre o conto realizadas polo rianxeiro e polo porteño. E sorprende o moito que hai en común entre as dúas. Moito máis documentada pola súa continuidade no tempo é a relación con Luís Seoane, na cidade bonaerense e no epistolario posterior, do que Fernández Naval apostila que as cartas de Cortazár permanecen «agochadas, ocultas, secuestradas, agardando quen sabe que momento para seren compartidas». E toda unha descuberta para moitos será a persoa do editor corcubionés Francisco Porrúa, unha persoa fascinante e un magnífico coñecedor do oficio.
Remata a primeira parte referenciando os datos coñecidos sobre a viaxe que Aurora e Julio realizan a Galicia en 1956, de onde proceden as imaxes do libro, e o seu fascinio por Compostela, así como unha serie de amizades serodias ou de coñecementos vagos: María Casares, Valente, Pérez Prado, Leopolodo Nóvoa ou Ramón Chao, do que se reproduce a vizosa entrevista que lle fixo a Cortázar en 1977 en Radio Francia Internacional.
«Julio Cortázar e os galegos» titúlase a segunda parte en catro densos capítulos que abundan na análise da presenza dos galegos no imaxinario e mesmo nas páxinas publicadas por Cortázar, poñamos por caso don Galo Porriño, personaxe de Los premios, alén do seu posible coñecemento da lingua galega, con énfase na denominada por Alonso Montero «batalla de Montevideo» sobre os agravios sufridos polo noso idioma durante o franquismo.
A terceira parte, «Presenzas» compila en seis capítulos a achega máis novidosa, pormenorizando a non escasa presenza da obra de Cortázar na cultura galega contemporánea, nomeadamente na literatura mais tamén nas artes plásticas, no cine, no teatro ou noutros eidos. Fálase de traballos académicos, como os realizados na USC baixo a coordinación de Soledad Pérez-Abadín, de libros de entrevistas, de frutíferas xornadas cortazarianas como as argalladas pola Biblioteca de Neda e no capítulo intitulado «Arborizar» das influencias ou presenzas confesas da obra de Cortázar nunha ampla nómina de poetas e narradores de nós. Débedas máis ou menos explícitas que enchen case medio cento de páxinas onde haberá moitas (re)descubertas. Na riqueza e na profusión dos datos, moi de agradecer, tan só botamos en falla certa sistematización. Unha mínima mácula que non lixa en absoluto o proceso de decantación. E por se isto non fose pouco, aínda engade media ducia de «Sobremesas para ler de xeito conmemorativo», con textos da autoría de Eva Veiga, Miguel Mato Fondo, Olalla Cociña, Anxos Sumai, Camilo Franco e Antonio García Teijeiro. Un galano.
Os cortazarianos estamos de noraboa e a nosa literatura pode estar orgullosa de se sumar ás múltiples homenaxes coas que se celebra no mundo o centenario de Cortázar, alén de que o labor divulgador de Fernández Naval tamén contribúa a non esquecermos nunca a Aurora Bernárdez, esa galega de orixe que fixo medrar, sen dúbida, o seu inconmensurable talento narrativo.
Miro Villar
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Os artigos literarios de Baldomero Cores Trasmonte no diario vespertino La Noche», en Grial 243
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Novembro 2024 (1)
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta