No último número, 206 (abril, maio, xuño do 2015) de Grial, Revista Galega de Cultura, que xa anda desde hai uns días polas librarías e que tamén se pode adquirir en edición dixital desde a propia páxina da Editorial Galaxia, asino na habitual sección intitulada «O espello das letras» unha recensión intitulada «Un espello da literatura mindoniense» para falar sobre o volume Mondoñedo literario da autoría do crítico e profesor Armando Requeixo. Velaquí:
Un espello da literatura mindoniense
Mondoñedo literario
Armando Requeixo
Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, 2014, 214 páxinas
«Este libro nace dunha devoción. A que sinto dende sempre pola miña terra natal: Mondoñedo». Con estas palabras principia o Limiar de catro páxinas co que Armando Requeixo sintetiza a orixe deste volume, publicado pola Deputación de Lugo e cunha suxestiva cuberta de Xosé Vizoso, que compila unha boa parte importante dos textos que o crítico escribiu verbo da literatura mindoniense nas dúas últimas décadas (desde 1991) en revistas e xornais.
A obra, que xunta textos de diferente extensión, desde anotacións ou artigos breves a estudos literarios, está estruturada en dezasete capítulos, en orde cronolóxica que atende a data de nacemento, e todos levan o nome dun escritor nado e vencellado a Mondoñedo (só dúas mulleres, Mariña Mayoral e Isabel Morán), agás o derradeiro intitulado «Varia silva mindoniense» que percorre varias voces.
Os cinco primeiros coinciden con grandes nomes da nosa literatura, que debemos considerar clásicos, malia dous deles coñeceren certo esquecemento que os reduce a uns parágrafos nos manuais. Velaí Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912), Antonio Noriega Varela (1869-1947), Eduardo Lence-Santar (1879-1960), Xosé Díaz Jácome (1910-1998) e Álvaro Cunqueiro (1911-1981).
Sobre Leira Pulpeiro reprodúcense dous artigos publicados na prensa galega no remate de 2012 e que coincidiron co centenario do seu pasamento, polo que sintetizan o estado da cuestión a respecto da biobibliografía, na que a última achega é a escolma Vida e obra que Manuel Leiras Pulpeiro. Antoloxía poética, preparada por Xurxo Martínez González e o propio Armando Requeixo.
O único artigo sobre Noriega Varela posúe o inestimable valor engadido de dar conta dun manuscrito inédito, que se reproduce e que se cotexa coa edición definitiva e corrixida do poema en Montañesas (1910). E a lembranza de Lence-Santar tamén cadrou co medio século do seu pasamento e actualiza a este semiesquecido historiador, etnógrafo, folclorista, narrador e poeta.
Inédito tamén é o texto mecanografado que transcribe un guión radiofónico de Xosé Díaz Jácome sobre a poesía de Celso Emilio Ferreiro, emitido o 16 de maio de 1955 en Radio Vigo EAJ 48 e que Armando Requeixo exhumou no centenario do nacemento do poeta celanovés. A esta descuberta únese unha crónica da amizade entre Francisco Fernández del Riego e Díaz Jácome.
Como non podía ser doutra maneira, dez textos enchen o capítulo sobre Álvaro Cunqueiro para falar da presenza de Mondoñedo na súa obra, da historia da súa amizade con Ánxel Fole que abrangue os anos mozos e os felices tempos da República, mais tamén os difíciles anos da posguerra. No resto dos artigos sobrancea a carta inédita de Cunqueiro a Carballo Calero no que lle solicita unha recensión da edición castelá do Merlín e familia i outras historias e mesmo lle di que a dirixa a Vida Gallega. Sabemos que o profesor ferrolán atendería a súa encomenda. De interese tamén son a dedicatoria autógrafa de Cunqueiro nun exemplar da Divina Comedia de Dante ou un cartón postal enviado desde Madrid en 1940 a o seu amigo Bernardino Vidarte.
Ricardo Pedreira (1928-2013) e Xosé Ruiz Leivas (1931) son dous autores mindonienses descoñecidos que se reivindican, do segundo saliéntase a súa singular Guía Fantástica de Mondoñedo, antes dos tres textos que conforman o capítulo dedicado a César Cunqueiro (1941), centrados os dous primeiros na análise da súa novela Beatum corpus e o terceiro na súa poesía en castelán da que se afirma: «é un dos máis felices cultivadores da poesía neohelénica entre nós».
Un artigo sobre a narrativa de Marina Mayoral (1942) e a longa e interesante entrevista que lle fixo Requeixo para o Parlamento das Letras, unha sección do seu blogue Criticalia, anteceden a outros catro autores pouco coñecidos: Luís Enrique Cabanela (1945) a propósito das súas Confesións do Mariscal Pardo de Cela; Félix Villares (1947), especialista na literatura popular mindoniense, aínda que vilalbés de nacenza; Antón Meilán (1950), do que se dá conta do ensaio inédito Manuel Leiras Pulpeiro, un poeta de onte e de hoxe ‘maldito’ e ‘maldicido’ (outra visión do poeta) e Francisco Piñeiro (1956) de quen se reivindica a súa monografía Historia do teatro afeccionado na Mariña Lucense.
Por parte, Antonio Reigosa (1958) é obxecto dun artigo que reverencia o seu inxente labor da divulgación da literatura popular (nomeadamente a través do Dicionario dos seres míticos galegos), mais tamén a súa creación narrativa, que se completa con outra longa e non menos interesante entrevista que tamén viu a luz no Parlamento das Letras.
Xe Freyre (1962) e a filóloga Isabel Morán (1969) dan cabo aos capítulos personalizados, do primeiro faise unha recensión da novela Cando o gato mira de esguello e da segunda lémbranse os seus traballos no eido da literatura medieval galego-portuguesa ou da poesía postrobadoresca.
Para rematar, o capítulo «Varia silva mindoniense» xunta textos máis breves, xermolos de posibles monografías, que abeiran temáticas moi diferentes, desde a relación de Rosalía ou de Castelao cos escritores mindonienses; a revista Amencer na historia da prensa local ou a «Poesía na nación valeca» para falar das novas voces poéticas da contorna. E, finalmente, un Apéndice cronolóxico no que Armando Requeixo fai unha exhaustiva listaxe de traballos sobre literatura mindoniense que non tiveron oco nesta escolma, onde o crítico e estudoso amosa a súa erudición e a súa ardua angueira que é de agradecer e que testemuña a devoción sobre a escrita na súa xeografía nativa, tan feraz e produtiva para a literatura galega.
MIRO VILLAR
crebas twitter
-
Artigos recentes
- Lectura no Pico Sacro do poema “Apuntamentos para unha «Alba de Groria»” no Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao na Estrada
- Entender para vivir, un libro e un recital para lembrar a escritora coruñesa Luísa Villalta
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Outubro 2024 (1)
- Setembro 2024 (1)
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta