Recensión a Máxico tear natural, de Xosé Manuel Lobato, tamén en Grial 191


E tamén nese último número, 191, de Grial, Revista Galega de Cultura, que se pode mercar nas librarías ou na edición dixital na propia páxina da Editorial Galaxia, publícase unha recensión da miña autoría onde se resumen as palabras que dixen o 20 de agosto pasado na presentación do libro Máxico tear natural, de Xosé Manuel Lobato, dentro da xornada do I Simposium Monte Pindo. O Olimpo celta, a debate, que organizou a dinámica asociación Monte Pindo, Parque Natural. A miña intervención, agora resumida un pisco por cuestións de espazo na revista, xa foi publicada nesta bitácora e pódese ler aquí mesmiño.
Por certo, este mesmo libro vaise presentar o mediodía do vindeiro sábado 3 de decembro en Caldebarcos dentro do programa do II Simposium Monte Pindo, desta volta coa presenza do seu editor Henrique Alvarellos.

Esta entrada foi publicada en Narrativa, Presentacións, Recensións. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Recensión a Máxico tear natural, de Xosé Manuel Lobato, tamén en Grial 191

  1. Pingback: As crebas » Recensión a Luís Seoane en Compostela e outros ensaios, de Antón Capelán, tamén en Grial 191

Os comentarios están pechados.