No día de onte foille concedido o Premio Voz de Liberdade 2015 do PEN Club de Galicia ao poeta Arcadio López-Casanova, en decisión unánime dun xuri conformado polo presidente do PEN, Luís González Tosar, o secretario Armando Requeixo, o secretario técnico Xabier Castro Martínez e os seus membros Fina Casalderrey, Bieito Iglesias, Manuel Guede, Inma López Silva e Luís Menéndez, quen salientaron á súa fidelidade á lingua galega ao longo de máis de cinco décadas e o seu permanente compromiso coa liberdade de expresión.
Hai case unha década, en 2006 o PEN Club de Galicia publicou na súa colección Arte de Trobar o seu libro Herdo do canto, co que Arcadio López-Casanova merecera o IV Premio Caixanova de Poesía. Poucos meses despois, asinei unha recensión do mesmo intitulada «Pluralidade de voces» que viu a luz na revista Grial 171, xullo-agosto-setembro, 2006. Velaquí o texto:
PLURALIDADE DE VOCES
HERDO DO CANTO
Arcadio López-Casanova
Arte de Trobar, Pen Clube, 2006, 122 páxinas
Arroupado pola concesión do IV Premio Caixanova de Poesía e no aínda breve, mais xa consolidado, catálogo da colección Arte de Trobar do Pen Clube de Galiza chega a nova entrega poética dun dos autores con máis voz propia da nosa lírica contemporánea, a piques de facer os corenta anos de escrita literaria de termos en conta o ano da súa opera prima (1967). Unha fructífera traxectoria de catro décadas, nas que así a todo e malia combinar a escrita en galego e en castelán Arcadio López-Casanova non se converteu nun autor prolífico en exceso senón sempre gobernado pola contención e pola maduración en cada un dos seus proxectos. A recente aparición na colección Libros da Frouma da editorial Follas Novas do seu último título Dicir unha razón (Varia silva de proverbios, ditados e glosas) só debe entenderse como unha achega singular na que o lugués abala entre a reflexión autopoética e a metapoética, como ben sinala no limiar Armando Requeixo.
Herdo do canto é un volume ben diferente e que se relaciona en esencia coa poesía toda do autor, como explica de maneira detallada e esclarecedora o poeta Román Raña nun magnífico prólogo intitulado “Sobre a poesía de Arcadio López-Casanova: situación e sentido de Herdo do canto”, no que de primeiras nos vai lembrar todo o percurso poético en galego do lugués para logo facer unha análise completa dos versos desta entrega.
O encabezamento escollido non é novidoso, xa que no seu Liturxia do corpo (1983) aparecía como título do poema Limiar, o que denota a intencionalidade de construír un macrotexto poético que sempre caracteriza a obra de Arcadio López-Casanova. Alén diso, a primeira observación que calquera lector atento podería facer ao dobrar a derradeira páxina do libro é a vontade de construción que hai no mesmo, mais iso non vai coller por sorpresa aos que vimos seguindo desde hai anos a súa poética, porque así o testemuña calquera dos seus libros anteriores. Desta volta reitera un esquema de círculo pechado xa ensaiado noutras ocasións, cun poema Pórtico, denominado “Electra”, e un Epílogo, intitulado “Orestes”, que enmarcan as dúas partes do volume “Herdo da terra”, subtitulada Tempo d’O páramo, e “Herdo dun eu”, cadansúa subdivida en dúas. Así, a primeira inclúe as series “Episodios” e “Figuracións”, mentres que a segunda integra a “Fábula e variacións” e a “Canción e prego”.
Tanto o primeiro coma o derradeiro texto amosan máis unha vez a querencia de Arcadio López-Casanova polos mitemas da cultura clásica greco-latina, lembremos por acaso aquel fermoso texto no que Edipo dialoga con Antífona no poema que pecha Razón de iniquidad ou as aparicións de Anteo, de Cronos, de Dánae, de Narciso e doutras figuras nos seus libros anteriores. Desta volta Electra e Orestes representan o regreso do exilio e ambos e dous personaxes enmascaran en certa maneira un trasunto do propio autor xa que Argos, a terra do retorno, é Galiza, ou O Páramo natal, e non se pode esquecer a experiencia biográfica persoal que o levou a se autoexiliar do país na xa afastada data de 1968.
Os cinco poemas que conforman a serie “Episodios” son de clara xinea memorialística e están centrados na evocación de diferentes aspectos que vinculan as terras da nenez e da mocidade, O Páramo como paraíso perdido, e as persoas que poboaron ese territorio e os seus afectos. Nestes textos hai dúas características salientables, a recuperación da lingua nas súas orixes, a fala dialectal, e a recuperación dos nomes dos lugares, incluso con exemplos de microtoponimia. Esta andamiaxe serve para axudar a construír versos que falan dos devanceiros que desaparecen, “o bisavó velliño que tantas historias / misteriosas sabía”, a avoa ou o pai, presente nesa magnífica e dolorosa elexía intitulada “Monólogo do pai” que comeza con estes versos emotivos e estremecedores pronunciados en primeira persoa
“Souben que aquela noite / ía morrer. / Agoiraban os cans xunto á cancela da horta, / e os ollos de loito da noite baixaban dende o monte, / aló no alto de Friolfe, / para doer no corazón”.
Mais esta serie non sempre retrata os rostros da dor, xa que tamén están presentes as alegrías do mundo da infancia coas camiñadas de verán até o río en Areas, que logo se han de contrapoñer coa visión novamente tristeira do home que regresa ao lugar e con melancolía recorda as horas que o inexorable río do tempo levou para non voltar. Unha loita desigual na que sempre vence a saudade.
Tres sonetos, nun inhabitual verso eneasílabo, integran as “Figuracións” coas que remata a primeira parte do libro e que reiteran o motivo do tempus fugit.
A segunda ábrese cos nove sonetos, agora en hendecasílabos, de “Fábula e variacións”, todos eles con título de seu, que revelan ben ás claras diferentes enunciacións e perspectivas persoais en relación coa terra. Os encabezamentos son abondo esclarecedores: o enviso, o soidoso, o soñador, o cautivo, o vencido, o exiliado, o doente, o acorado e o desherdado. O multiperspectivismo referido enmascara as diferentes visións da voz poética sobre a Terra, propias dunha traxectoria con evolución persoal.
Por último, a “Canción do desvelado”, que xunta tres brevísimos poemas, onde sobrancea a expresión neotrobadoresca que xa López-Casanova tiña esperimentado noutras ocasións, e o “Final: prego de salvación”, un soneto amoroso en alexandrinos asoantes que renova o tópico medieval da amiga e que xunto aos anteriores sonetos exemplifica a mestría do autor á hora de experimentar rimas e ritmos na construción da máis fermosa das composicións poéticas.
Mención á parte merecen as citacións de Wordsworth, Juan Ramón Jiménez, T. S. Eliot, Vicente Aleixandre e Novoneira, porque en Arcadio López-Casanova nunca son gratuítas nin inocentes e reflicten os diferentes puntos de partida nos que se sitúa a voz poética.
En definitiva, Herdo do canto é un volume de perfecta orquestración e no que non se perciben disonancias, onde o autor non se afasta co culturalismo mais deixa atrás boa parte do hermetismo de anteriores entregas para nos ofrecer un canto máis espido que vai contentar aos moitos seguidores da súa obra e que se vai ensanchar con novas olladas grazas a este libro.
MIRO VILLAR
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta