A Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil «Elos», que coordina Blanca Ana Roig-Rechou, publica os mércores de cada semana no xornal compostelán El Correo Gallego unha páxina sobre a nosa literatura infanto-xuvenil.
O pasado mércores, 21 de novembro do 2012, esta páxina incluía unha recensión do meu conto rimado Rebelión na charca (ilustrado por Ana Santiso e publicado por Sotelo Blanco) asinada por Mar Fernández Vázquez (redactora do proxecto “Informes de Literatura” do CIRP e do grupo de investigación da USC, LITER21, do departamento de Galego, da facultade de Filoloxía), quen xa publicara na revista Malasartes. Cadernos de Literatura para a Infância e a Juventude, que publica Porto Editora, outra recensión da miña novela infantil O nariz de Fiz, ilustrada por Lola Lorente, que recibiu en 2008 o V Premio de Literatura Infantil e Xuvenil “Pura e Dora Vázquez”, que convoca anualmente a Deputación de Ourense. Desta recensión xa falamos nesta bitácora e agora reproducimos deseguida o seu novo traballo que moito agradezo e estimo.
Tamén se pode ler neste arquivo pdf:
Rebeliónnacharcarecensión
Elos de lectura
Avaricia nun xogo de dados
Miro Villar cuestiona no conto rimado Rebelión na charca
as consecuencias derivadas de actuar movidos pola codicia
MAR FERNÁNDEZ VÁZQUEZ
LIJMI-USC/CIRP
O polifacético Miro Villar (nome literario de Arximiro Villar González, nacido na localidade coruñesa de Cee no ano 1965), profesor de lingua e literatura galegas, poeta, narrador, tradutor, ensaísta e colaborador xornalístico, ademais de escribir para o público adulto, tense achegado ao lectorado de calquera idade a través de contos e relatos de rimas consonantes.
Usou como estratexia os premios literarios para conseguir ver publicadas e valoradas varias das súas obras, como fixo no comezo da súa produción ao concorrer ao XXIX Concurso Nacional de Contos Infantís “O Facho” 1998, que mereceu por Carlota Carlota, a marmota que non podía durmir (editada por Edicións Xerais no ano 2000). Este conto rimado converteuse na primeira entrega da serie, ata a actualidade triloxía, protagonizada pola marmota Carlota e publicada na colección “Merliño” con ilustracións de Luis Castro Enjamio, á que seguiron Carlota e a bota perdida (publicada no ano 2002) e Carlota e a gaivota patiamarela (2006).
Tras merecer o V Premio de Literatura Infantil e Xuvenil “Pura e Dora Vázquez”, viu a luz a súa primeira obra para o lectorado mozo: O nariz de Fiz (Deputación Provincial de Ourense, 2008), un novo conto rimado que ilustrou Lola Lorente onde un narrador omnisciente anuncia o argumento de cada capítulo en catro versos iniciais con estrutura consoante AABB. Nesta obra Villar establece unha simbólica intertextualidade con historias bíblicas e da transmisión oral, coa farsa valleinclaniana La cabeza del dragón (1909, 1914), con Marcial Valladares e co personaxe de Rompetechos, creado por Ibáñez.
No ano 2011 apareceu en edición exenta “Noel, o verme rico da verea”, un conto en quintetos endecasílabos publicado no volume colectivo Contos de vermes, libros, princesas e parrulos (Xunta de Galicia, 2006), ilustrado por Víctor Rivas. Múdase o título para incidir na crítica da actitude do protagonista, A cobiza do verme Noel (Editorial Galaxia), e o texto gaña ludismo coas ilustracións de Marta Álvarez Miguéns.
RUPTURA DA ARMONÍA
As actitudes nacidas da cobiza tamén orixinan a ruptura da armonía no conto que nos ocupa, Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012), publicado en formato álbum. Villar escribeo en quintetos endecasílabos, cun léxico moi sonoro e visual, que se plasma nas ilustracións figurativas de tons fríos realizadas a lapis e retocadas dixitalmente por Ana Santiso.
Este conto é unha boa mostra das características da poética de Villar, quen aposta por un léxico que conecta co lectorado de distintas idades por medio da súa sonoridade, cadencia e reiteración de estruturas oracionais; escolle personaxes propios da transmisión oral sobre os que aplica un uso ideolóxico para achegalos á realidade cotiá que recoñece o lector; narra historias verosímiles que agochan ensinanzas e dialoga intertextualmente con autores de distintos sistemas literarios.
crebas twitter
-
Artigos recentes
- «Viaxe ao Norte de Alemaña e cidades da Hansa». As crónicas do xornalista e viaxeiro Xosé Ameixeiras
- «Reivindicación dun legado poético da Costa da Morte», artigo en Grial 242
- Lanzamento da edición facsimilar de Estebo, de Xosé Lesta Meis, co estudo introdutorio “Unha voz crítica da emigración galega a Cuba” da miña autoría (Obra de libre descarga)
- «Gaza on fire / Xenocidio televisado», poema na antoloxía de solidariedade Cantos de dor e liberdade
- «Pondal, Martelo e López Abente subiron de novo aos Penedos», a crónica de Xela Cid do roteiro literario polos Penedos de Pasarela e Traba organizado polo Semescom
Categorías
- Antoloxías
- Arte
- Autografías
- Banda deseñada
- Biografía
- Cinema
- Congresos
- Contos
- Documental
- Efemérides
- Encontros
- Ensaio
- Entrevistas
- Epistolarios
- Estudos literarios
- Exposicións
- Fotografía
- Gravacións
- Historia
- Humor
- Infantil
- Lendas e mitos
- Lingua
- Literatura medieval
- Manifestos
- Manuscritos
- Memoria Literaria
- Música
- Narrativa
- Obituarios
- Poesía
- Política
- Premios
- Presentacións
- Radio
- Recensións
- Roteiros
- Sen categorizar
- Teatro
- Televisión
- Tradicións
- Versións ou traducións
- Xornadas
- Xornalismo
Comentarios recentes
- Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal en Que a Terra che sexa leve, Pólvera
- “De rosa antiga” | Tirar do fío en Recensión a De rosa antiga. 50 anos de Poesía (1972–2022), de Helena Villar Janeiro, en Grial 237
- Recensión da antoloxía Ara do mar. Poesía a Fisterra, compilada por Alexandre Nerium, en Grial 232 | crebas.gal en Artigo en QPC (XCIII): A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- Florencio Delgado en 12 ligazóns e 2 vídeos | A profa en Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán
- «A Pontragha», un poema para o libro Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña, de Manuel Pazos Gómez | crebas.gal en «A Pontragha», un poema inédito na GaZeta (Revista de Agrupacións Poéticas de Base)
Histórico
- Agosto 2024 (1)
- Xullo 2024 (3)
- Xuño 2024 (1)
- Maio 2024 (3)
- Marzo 2024 (1)
- Febreiro 2024 (1)
- Xaneiro 2024 (1)
- Decembro 2023 (2)
- Novembro 2023 (1)
- Outubro 2023 (3)
- Setembro 2023 (1)
- Agosto 2023 (3)
- Xullo 2023 (3)
- Xuño 2023 (1)
- Maio 2023 (1)
- Abril 2023 (1)
- Marzo 2023 (3)
- Xaneiro 2023 (2)
- Decembro 2022 (2)
- Novembro 2022 (1)
- Outubro 2022 (3)
- Setembro 2022 (2)
- Agosto 2022 (1)
- Xullo 2022 (4)
- Xuño 2022 (2)
- Maio 2022 (10)
- Abril 2022 (2)
- Marzo 2022 (1)
- Febreiro 2022 (4)
- Xaneiro 2022 (6)
- Decembro 2021 (2)
- Outubro 2021 (1)
- Setembro 2021 (3)
- Agosto 2021 (1)
- Xullo 2021 (4)
- Maio 2021 (2)
- Abril 2021 (1)
- Marzo 2021 (1)
- Febreiro 2021 (3)
- Xaneiro 2021 (6)
- Decembro 2020 (9)
- Novembro 2020 (8)
- Outubro 2020 (2)
- Setembro 2020 (3)
- Agosto 2020 (2)
- Xullo 2020 (3)
- Xuño 2020 (1)
- Maio 2020 (6)
- Abril 2020 (6)
- Marzo 2020 (5)
- Febreiro 2020 (1)
- Xaneiro 2020 (5)
- Decembro 2019 (3)
- Novembro 2019 (2)
- Outubro 2019 (6)
- Setembro 2019 (5)
- Agosto 2019 (3)
- Xullo 2019 (4)
- Xuño 2019 (2)
- Maio 2019 (6)
- Abril 2019 (5)
- Marzo 2019 (4)
- Febreiro 2019 (2)
- Xaneiro 2019 (6)
- Decembro 2018 (3)
- Novembro 2018 (3)
- Outubro 2018 (6)
- Setembro 2018 (6)
- Agosto 2018 (6)
- Xullo 2018 (8)
- Xuño 2018 (10)
- Maio 2018 (9)
- Abril 2018 (2)
- Marzo 2018 (11)
- Febreiro 2018 (5)
- Xaneiro 2018 (8)
- Decembro 2017 (4)
- Novembro 2017 (2)
- Outubro 2017 (7)
- Setembro 2017 (7)
- Agosto 2017 (13)
- Xullo 2017 (7)
- Xuño 2017 (6)
- Maio 2017 (6)
- Abril 2017 (6)
- Marzo 2017 (8)
- Febreiro 2017 (11)
- Xaneiro 2017 (5)
- Decembro 2016 (8)
- Novembro 2016 (7)
- Outubro 2016 (10)
- Setembro 2016 (12)
- Agosto 2016 (13)
- Xullo 2016 (7)
- Xuño 2016 (12)
- Maio 2016 (18)
- Abril 2016 (18)
- Marzo 2016 (9)
- Febreiro 2016 (15)
- Xaneiro 2016 (16)
- Decembro 2015 (11)
- Novembro 2015 (21)
- Outubro 2015 (7)
- Setembro 2015 (7)
- Agosto 2015 (2)
- Xullo 2015 (13)
- Xuño 2015 (5)
- Maio 2015 (13)
- Abril 2015 (17)
- Marzo 2015 (17)
- Febreiro 2015 (17)
- Xaneiro 2015 (8)
- Decembro 2014 (16)
- Novembro 2014 (4)
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (3)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- Abril 2014 (8)
- Marzo 2014 (8)
- Febreiro 2014 (20)
- Xaneiro 2014 (9)
- Decembro 2013 (18)
- Novembro 2013 (7)
- Outubro 2013 (15)
- Setembro 2013 (29)
- Agosto 2013 (13)
- Xullo 2013 (20)
- Xuño 2013 (9)
- Maio 2013 (19)
- Abril 2013 (25)
- Marzo 2013 (20)
- Febreiro 2013 (23)
- Xaneiro 2013 (22)
- Decembro 2012 (20)
- Novembro 2012 (12)
- Outubro 2012 (12)
- Setembro 2012 (16)
- Agosto 2012 (25)
- Xullo 2012 (26)
- Xuño 2012 (19)
- Maio 2012 (41)
- Abril 2012 (35)
- Marzo 2012 (38)
- Febreiro 2012 (34)
- Xaneiro 2012 (40)
- Decembro 2011 (39)
- Novembro 2011 (47)
- Outubro 2011 (43)
- Setembro 2011 (43)
- Agosto 2011 (34)
- Xullo 2011 (31)
- Xuño 2011 (3)
Meta