Rebelión na charca, finalista no premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística das Escolas Católicas


Un chío do twitter da @CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) e unha nova na edición comarcal dixital do xornal La Voz de Galicia tróuxeronme a grata e descoñecida sorpresa de que o meu conto rimado infantil Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012), ilustrado por Ana Santiso, figura como finalista no premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística das Escolas Católicas na 1ª categoría de 1º e 2º de Educación Primaria, xunto ao libro de suxestivo título A pomba dona Paz (Xerais, 2012) do amigo Ramón Caride.
Haberá que agardarmos até maio para que poidan coñecer os nomes dos galardoados, mais xa é unha alegría o feito de que Rebelión na charca sexa unha das obras escollidas.
O blogue do premio literario Frei Martín Sarmiento non informa sobre quen realizou a escolla e que criterios ou que valores de “humanismo cristián” atoparon nas obras. Tan só ofrece unha listaxe con todos os títulos finalistas nas diferentes categorías, co nome de autores/as e ilustradores/as (se os houber) e das editoriais. Velaí:
Finalistas da décima edición
1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
VILLAR, MIRO E SANTISO, ANA; Rebelión na charca; Ed. Sotelo Blanco
CARIDE, RAMÓN; A pomba dona Paz; Ed. Xerais
2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN; Malos tempos para fantasmas; Ed. Xerais
UHÍA, MANUEL; O monstro das profundidades; Ed. Everest
3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
SOLAR, MARÍA; A verdadeira historia da mosca da tele; Ed. Galaxia
ALFAYA, AN; O recendo das clementinas; Ed. Tambre
4ª categoría: 1º e 2º de ESO
BLANCO, CONCHA; Misterio resolto; Ed. Everest
FRAGA, XESÚS; O elefante branco; Ed. Tambre
5ª categoría: 3º e 4º de ESO
COSTAS, LEDICIA; O corazón de Xúpiter; Ed. Xerais
CASALDERREY, FINA E CASTRO, FRANCISCO; O neno can; Ed. Galaxia

Esta entrada foi publicada en Contos, Infantil, Poesía, Premios. Garda a ligazón permanente.