Que a Terra che sexa leve, Pólvera

(Fotografía de Manuel Álvarez que acompaña o poema «Pólvera» do libro Gameleiros (2002), en fermosa edición xa descatalogada por Xerais)

Recibo unha sentida mensaxe do amigo guardés Manuel Álvarez:

«O noso amigo Jesús Martínez González Pólvera, da estirpe curtida e salgada dos mariñeiros da Guarda e da nosa familia do libro Gameleiros da que el forma parte para sempre, deixounos a semana pasada.
Acompaña así a Carioca, Chelino, Quinón, Santamaría, Pela
Saúde e apertas,

Triste nova. Condolencias aos seus. Que a Terra lle sexa leve a este home do Mar!


“PÓLVERA”


No mar medran froiteiras e as mans do mariñeiro,
mans de ferro, con fendas salgadas do traballo,
collen xurelos de ollos cegos e escamas tona
de prata, que relocen en cestos de esperanza;
mentres o home interroga xa o día de mañá.

Esta entrada foi publicada en Fotografía, Obituarios, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta en “Que a Terra che sexa leve, Pólvera

  1. Pingback: Moita saúde, moita poesía e moita felicidade no 2024 | crebas.gal

Deixa unha resposta